Martes, 8 Xullo de 2025

A Guarda

Esgotadas todas as entradas para o concerto do Cuarteto Rastrelli deste venres na Guarda

A expectación espertada pola actuación do Cuarteto Rastrelli o vindeiro venres día 17 de setembro na Praza do Reló da Guarda, vén de facer que a cinco días vista do evento, as entradas estean xa esgotadas. É, sen dubida unha extraordinaria cita coa música da man de O Teu Xacobeo, na que o cuarteto formado por Kira Kraftzoff, Sergio Drabkin, Kirill Timofeev e Misha Degtjareff desenvolverán un atractivo programa baixo o título 'De Brahms aos Beatles'.

Aberta a venda de entradas para o concerto do Cuarteto Rastrelli na Praza do Reló da Guarda

O vindeiro sábado día 17 de setembro a Praza do Reló da Guarda será o escenario para un concerto moi especial da man de...

A Guarda organiza unha ruta en bicicleta pola Semana da Mobilidade

O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Deportes e Medio Ambiente e coa colaboración do Clube Ciclista Guardés, organiza este ano un “Paseo en Bici” enmarcado na Semana da Mobilidade, celebrada en toda a comunidade europea entre os días 16 e 22 de setembro.

A Guarda presenta o proxecto da nova Biblioteca Municipal, un punto de encontro para a veciñanza

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de presentar o proxecto da nova Biblioteca Municipal, unha instalación cultural moderna e funcional que estará situada nos baixos do Centro Cultural e contará con dous espazos diferenciados para diferentes tipos de públicos e usos.

Novas saídas pola costa da Guarda a bordo do volanteiro O Piueiro

Debido a alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar a praza nas saídas de finais de agosto. Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.

O 90 Encontro Internacional da FICC marcou a pasada fin de semana na Guarda

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuxo celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que se celebra dende o venres 3 e que remata o vindeiro domingo día 12 de setembro no Camping de Santa Tecla da Guarda.

Bruce Grinn e The Mirror enchen de són A Guarda no ‘Música nos Xardíns 2021’

O pasado venres 3 de setembro Bruce Grinn foi o encargado de iniciar o segundo concerto de Música nos Xardíns, unha iniciativa coa que o Concello da Guarda quere ofrecer visibilidade aos novos talentos musicais do municipio da súa contorna e que, neste 2021, incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Orpagu, 25 anos á vangarda

O milagre de que A Guarda, localidade galega de 10.025 habitantes, sexa o referente europeo do palangre de superficie, ten moito que ver co paso adiante que en 1995 deron 15 armadores ao constituír unha organización profesional, Orpagu, que representase os seus intereses.

A Guarda acolle ata o 12 de setembro o 90 Encontro Internacional da FICC 2021

En 2020 a Federación Española de Clubs Campistas (FECC) propuso celebrar no Concello da Guarda o 90 Rally Internacional da FICC 2021 que terá lugar do venres 3 ao 12 de setembro no Camping de Santa Tecla. A Federación Española de Clubs Campistas (FECC) xa organizou con éxito no Camping de Santa Tecla a 60 Acampada Nacional dos Clubes Campistas e Caravanista en 2018.

A Deputación recibe ao Mecalia Atlético Guardés “tras unha temporada excepcional”

O club Atlético Guardés, un dos maiores expoñentes do balonmán feminino da provincia e do estado, afronta unha nova temporada cheo de optimismo e ilusión, sensacións que compartiron tamén hoxe a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Deportes, Gorka Gómez

Xisconnection & The Black Turf abriron ‘Música nos Xardíns’ da Guarda

O pasado venres día 27 de agosto deu comezo a edición 2021 Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna, que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Guadi Galego sorprendeu ao público cun concerto no Porto da Guarda

O pasado sábado día 28 de agosto a cantante Guadi Galego trouxo a súa música ata o Porto da Guarda nun concerto enmarcado na xira de presentación do seu último disco, Costuras, na que a cantante atópase inmersa e que está xa a piques de rematar.