Mércores, 9 Xullo de 2025

A Guarda

Súmate á XI Limpeza Simultánea de Praias o sábado 15 de outubro na praia do Codesal

ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XI edición, e terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de outubro.

A Guarda presenta a programación de Teatro de Outono

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano o Outono Teatral 2022, no que se representarán na Guarda un total de 6 obras teatrais, 3 para público adulto e 3 para público familiar.

Apoio unánime da Corporación da Guarda á moción socialista contra o veto europeo á pesca de fondo

O Grupo Municipal Socialista presentou a moción por urxencia debido a que é necesario reclamar a inmediata suspensión da medida adoptada pola Comisión Europea ata que estean dispoñibles novos informes científicos. A portavoz do Grupo Municipal Socialista, Montserrat Magallanes, indicou que esta medida se adoptou sen escoitar ao sector pesqueiro, sen escoitar ás empresas e sen escoitar aos traballadores do mar.

Arranca un novo obradoiro de emprego na Guarda

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, destacou que desde o Concello seguirase apostando por inverter esforzos e fondos municipais para desenvolver todas aquelas accións formativas que, coma neste caso, podan brindar aos guardeses oportunidades de mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

Aberto proceso extraordinario para cubrir 4 prazas na Escola Infantil Municipal da Guarda

O Departamento de Servizos Sociais abre do 3 ao 7 de outubro un proceso extraordinario para cubrir 4 prazas a xornada completa na Aula de 0-1 anos da Escola Infantil Municipal.

A Guarda inaugura este sábado a exposición “Galiza Profunda”

Este sábado día 1 de outubro ás 11:30 a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da exposición “Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas”.

A Guarda acolle un obradoiro de creación de filtros para redes sociais con realidade aumentada

O Concello da Guarda acolle o vindeiro día 5 de outubro un obradoiro para a creación de filtros de realidade aumentada para redes sociais.

A Guarda e Caminha abren inscricións para as Andainas de Outono 2022

A Guarda e Caminha retomaron nesta primavera as andainas conxuntas que se tiveron que suspender debido á pandemia e que xa arrancaron este ano coas Andainas de Primavera, e que continúan desta volta coas Andainas de Outono.

A Guarda presenta este martes o Plan Rehabita á súa veciñanza

O Concello da Guarda leva meses traballando na posta en marcha dun programa municipal pioneiro que ten como obxectivos paliar a falla de vivenda para alugueiro na vila, aumentar a eficiencia enerxética dos inmobles e mellorar a estética das nosas rúas e barrios.

A Guarda abre as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe

O Concello da Guarda abre hoxe xoves día 22 de setembro as inscricións para as Escolas Deportivas de Patinaxe, que terán inicio no vindeiro mes de outubro.

A Guarda recupera este venres a Romaría de Santa Trega

O Concello da Guarda celebra este venres día 23 de setembro (festividade local) a Romaría de Santa Trega, unha festividade que se recupera este ano despois da pandemia da Covid-19, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

O Concello da Guarda súmase ao Día Mundial do Alzheimer

O Concello súmase este ano á chamada realizada dende AFAGA Alzheimer, para que as entidades locais se sumen de xeito solidario ao Día Mundial do Alzheimer.