Martes, 8 Xullo de 2025

A Guarda

A Guarda acolle unha exposición sobre o proxecto Albufeira

Dende a semana pasada a praza de abastos da Guarda acolle unha Exposición sobre o Proxecto Albufeira, coa cal se quere por de manifesto a necesidade de garantir a protección dos hábitats emblemáticos que dependen da auga.

Restricións ao tráfico debido á celebración da 15k do Atlántico este domingo

O Concello da Guarda, a través da Xefatura da Policía Local, informa de que este domingo día 22 de outubro vaise a celebrar a IX edición da Carreira 15k do Atlántico, o que motivará algunhas restricións ao tráfico.

Chega a IV Feira de Emprego da Guarda co poder rural como protagonista

A feira deste 2022 terá lugar na planta baixa da Casa dos Alonsos os días 3 e 4 de novembro en horario de mañá, e estará centrada nas oportunidades de emprego e emprendemento no rural.

Gran éxito na Guarda do primeiro roteiro guiado da iniciativa “Historias de mulleres guardesas”

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, iniciou o pasado venres a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns.

Continúa a programación do mes de outubro na Guarda

O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

Continúa a axenda de outubro na Guarda

O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

Este sábado arranca na Guarda o Outono Teatral

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, organiza este ano o Outono Teatral 2022, no que se representarán na Guarda un total de 6 obras teatrais, 3 para público adulto e 3 para público familiar.

O vindeiro domingo 23 disputarase a 15K del Atlántico Banco Mediolanum

A xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum chega a súa novena edición, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego.

O Camiño Portugués da Costa como fío condutor do obradoiro de emprego na Guarda

A ruta xacobea é un dos mellores recursos da Guarda e está sendo, sen dúbida, un factor clave á hora de desestacionalizar o turismo. A afluencia de peregrinos prodúcese durante todo o ano, incluso durante aqueles períodos nos que tradicionalmente son considerados temporada baixa para o turismo.

A Guarda imparte un obradoiro de creación de filtros de realidade aumentada

A actividade está orientada a un público xeral a partir dos 12 anos. Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

A Guarda, anfitrioa do curso de formación ACMIT

20 participantes de 8 países distintos se reúnen no concello da Guarda no curso de formación ACMIT organizado pola asociación guardesa FOCO.

A Guarda avanza no seu plan de acción polo clima e a enerxía sostible

O Concello da Guarda celebrou esta semana unha sesión de traballo para a elaboración do informe de seguimento do PACES (Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible).