8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaContinúa a axenda de outubro na Guarda

    Continúa a axenda de outubro na Guarda

    O Concello da Guarda continúa coas actividades programadas para este mes de outubro, con accións medioambientais, obras de teatro, actuacións musicais, eventos deportivos, obradoiros, exposicións e moito máis.

    Nesta fin de semana o sábado día 15 de outubro ás 11:00h da mañá terá lugar a Limpeza Simultánea de Praias organizada por ADEGA, que desta volta acada a súa XI edición, esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña. Este ano o Concello da Guarda adheriuse a esta limpeza e acollerá este evento na xornada do sábado día 15 de outubro a partires das 11:00h na Praia do Codesal. Podes realizar a túa inscrición chamando ao Concello da Guarda ao 986 61 0000.

    Tamén na xornada deste sábado día 15 de outubro o Centro Cultural acolle ás 20:30h a representación teatral “Smoke on the water” de Ibuprofeno teatro. Unha historia de sexo, drogas e rock&roll que nos traslada á unha posible recreación da vida de Janis Joplin na súa madurez. Esta peza é a última produción de Ibuprofeno Teatro, quen xa estivo na Guarda con propostas como O Furancho, Raclette, A filla de Woody Allen…Nesta ocasión cambia radicalmente o ton e a temática para trasladarnos a unha historia de curte mais sórdido dentro dun enredo amoroso-financieiro con final sorprendente, como é habitual no corte da compañía. É de destacar a calidade do elenco e a música en directo, especialmente para os amantes do rock.

    Para o sábado 22 de outubro o Centro Cultural da Guarda acolle ás 20:00h o Concerto “Reserva 15 anos” de Coiro Vello.

    O Domingo día 23 de outubro é a quenda do deporte coa novena edición da  xa tradicional 15K del Atlántico Banco Mediolanum, unha das probas de referencia no calendario do atletismo galego. A proba deportiva referente do running galego que reunirá este ano ao redor de 600 corredores na 15k categoría e 200 na categoría de andaina,  empregando parte do percorrido do Camiño Portugués da Costa que conduce a Santiago. A proba conta cunha parte solidaria, onde doarase un euro de cada inscrito a DOWN VIGO, así como a apertura dunha fila 0 en MI GRANO DE ARENA, para intentar recadar unha maior cantidade de recursos para dita asociación. As inscricións seguen abertas ata o 19 de outubro na web oficial do evento https://bancomediolanum15kseries.com/

    O martes 25 de outubro terá lugar o Obradoiros para a creación de filtros de realidade aumentada, Social Pilgrims II, unha actividade orientada a un público xeral a partir dos 12 anos e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.  O taller levarase a cabo nunha aula municipal no Concello da Guarda o vindeiro día 25 de Outubro, ás 19:30 horas. A actividade, que é de balde, se pode inscribir calquera persoa interesada no mail de OMIX A Guarda informacion@aguarda.es.

    O sábado día 29 de outubro terá lugar a primeira representación teatral para público familiar da man da Compañía Pedras de Cartón coa obra “O Quixote” ás 18:00h no Centro Cultural, non é precisa inscrición previa.

    Ata o 21 de outubro continúa nos baixos do Concello a Exposición “Galiza profunda. interpretacións do rural galego mediante ilustración e fotografía contemporáneas”. GALIZA PROFUNDA quere facernos reflexionar sobre a dicotomía entre a fermosura do rural xunto coa potencia e riqueza do mesmo e as causas para o seu difícil desenvolvemento. Como, a pesares de termos todo a prol nosa, o contexto social e político logrou que non avanzaramos nestes séculos todo o que mereciamos.

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, programa para outubro e novembro a iniciativa “Historias de mulleres guardesas”, unha alternativa de ocio cultural e saudable na que o eixo principal son as historias de mulleres da vila que destacaron nas súas diferentes épocas por diversas razóns. 

    Nos roteiros, que terán lugar o 14 e 28 de outubro en horario de 20:00h a 21:00h e que sairán dende a Praza do Reló, falarase  dunha serie de mulleres, todas veciñas da Guarda, que dun xeito ou doutro forman parte do imaxinario colectivo e da historia da vila, cunha breve achega biográfica para lembrar como foi ou como é a vida destas mulleres e poñerlle cara amosando fotografías para que todos/as os/as participantes as recoñezan. O broche destes roteiros poraos o artista Tino Baz cunha intervención musical. As inscricións están xa abertas na recepción do Concello, chamando ao 986610000 ou no enderezo electrónico conserje@aguarda.es. As actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.