Continúa a grande acollida das actividades ecoturísticas do programa ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra para as fins de semana deste mes nos concellos galegos e portugueses da ‘raia’. Segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, as 50 prazas para a actividade deste domingo día 20 esgotáronse en apenas 30 minutos desde que se habilitou a inscrición e, no caso das do sábado, xa está practicamente cuberto o cupo, con apenas as últimas vacantes.
Esta fin de semana a Eurocidade Tui - Valença continúa a celebrar diferentes actividades, ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía, para a divulgación do amplo patrimonio vinculado á presenza histórica da comunidade xudía en ambas cidades transfronteirizas.
O pasado sábado, membros do Movimento SOS Serra d'Arga e das asociacións galegas ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Mino), Centro Social Fuscalho e A...
'LowPlast–a arte de reducir o plástico' é un proxecto promovido polo Aquamuseu do río Miño de Vila Nova de Cerveira, en colaboración coa Fundación Bienal de Arte Cerveira (FBAC), a Asociación Portuguesa do Lixo Mariño e o Instituto Interdisciplinar de Artes–DTK, de Noruega, inciativa que contará cun investimento de 52 mil euros, financiado polos EEA Grants.
Dando cumprimento ao nº 4 do Artigo 15º dos estatutos do AECT Río Miño, que prevé que o director e o vicedirector alternem as súas funcións a cada dous anos, o alcalde de Vila Nova de Cerveira, e ata o de agora vicedirector deste organismo transfronteirizo, Fernando Nogueira, pasou a asumir, con efectos inmediatos, a función de director e Uxío Benítez de vicedirector.
O Lisbon Awards Group concedeu este xoves ao municipio de Vila Nova de Cerveira un premio na categoría 'Democracia, Igualdade e Participación Cívic-Orzamento Participativo' na 1ª edición do Premio Autarquía do Ano, co proxecto 'Participación pública sen fronteiras' (Orzamento Participativo Transfronteirizo-OPT Cerveira-Tomiño).
A tempada de pesca para o ano 2021 comezará con novas normas de xestión dos recursos no Tramo Internacional do Río Miño (TIRM). A proposta foi elaborada no marco do proxecto de cooperación transfronteirizo POCTEP Migramiño, liderado pola Xunta desde 2017, financiado con fondos europeos e que ten como obxectivo a protección e conservación dos peixes migradores nesta conca.
Trátase de 105 kms, entre vales e ríos, e unha previsión de 24 horas para completar un desafío de resistencia polas 15 freguesías (antigo mapa administrativo) do concello de Vila Nova de Cerveira. Con saída axendada para as 21:30 h de hoxe venres 31 de xullo, do centro histórico cerveirense. Un pequeno grupo de amigos apaixonados polo deporte en contacto coa natureza vai concretar esta aventura sen carácter competitivo.
A XXI Bienal Internacional de Arte de Cerveira está de regreso e volve a marcar o calendario de eventos do 1 de agosto a 31 decembro de 2020, baixo o tema 'Diversidade-Investigación. O Complexo Espazo da Comunicación pola Arte'. En total serán presentadas máis de 350 obras de preto de 370 artistas de 38 países que se poderán coñecer, gratuitamente, en directo ou sen saír de casa.
A CIM Alto Miño consensuou, este luns, o reinicio da actividade das feiras en todos os concellos do distrito a partir do día 25 de maio, unha vez que o Goberno luso incluíu este sector na 2ª fase do plan de desconfinamento da Covid-19. Con todo, este regreso vén marcado por un conxunto de medidas restritivas plasmadas nun plan de continxencia.
O Concello de Vila Nova de Cerveira decidiu, na súa reunión deste mércores, cancelar até o 31 de xullo, toda a programación cultural e outras actividades municipais organizadas co apoio do municipio, así como anular a realización da edición 2020 dos Orzamentos Participativos Xeral e Mozo.
Vila Nova de Cerveira celebra o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, cun proxecto artístico interactivo e a reflexión crítica para lembrar "a loita das mulleres por sobrevivir impunes na posmodernidade". 'DE PROFUNDIS: As (as súas) cidades en suspensión' é un proxecto dinámico baseado nunha das obras do famoso autor Óscar Wilde “pola actualidade repugnante”
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.