Luns, 18 Agosto de 2025

A Paradanta

O Concello ultima xa os premios “Síntete Covelo”

Un ano máis o Concello de Covelo quere recoñecer a traxectoria da súa veciñanza e ultima xa unha nova edición dos premios “Síntete Covelo”. A novena edición ten aberto o prazo para as candidaturas que optarán a recibir este sentido recoñecemento.

Volta o concurso de decoración navideña a Arbo

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Arbo, a través da iniciativa de participación cidadá, presenta o II Concurso de Decoración Navideña “Arbo no Nadal”, dirixido ás Asociacións, colectivos e particulares do municipio, co obxetivo de dinamizar a participación activa dos cidadáns de Arbo.

Contratadas as obras para arranxar o muro de contención na estrada entre A Cañiza e Moutentán

A Deputación de Pontevedra acaba de iniciar o procedemento de contratación urxente da reparación do muro de contención da EP-5002 A Cañiza-Mourentán que se viu afectado polos temporais sucedidos durante as últimas semanas na provincia.

Rematan as novas instalacións de biomasa na Cañiza, Redondela e Tomiño

Rematan as novas instalacións de biomasa que impulsou a Deputación de Pontevedra en edificios municipais de seis concellos da provincia, que contaron cun orzamento total de 463.000 euros, dos que o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu unha axuda de 387.900 euros a través do fondo FEDER 2014 – 2020.

Comeza a campaña solidaria de xoguetes en Arbo

O Concello de Arbo pon en marcha o próximo 20 de novembro ata o 15 de decembro a Campaña do Nadal de Recollida de Xoguetes.

O Concello de Covelo e a Asociación Covelonatural lanzan a curtametraxe documental “Pedras e Uces. A Paixase Identitaria”

“Din que os de aquí teñen algo especial. Falan e escriben dunhas xentes do sur da Dorsal” así comeza a curtametraxe “Pedras e Uces. A Paisaxe Identitaria”. Na voz de Miguel Fernández, mozo da parroquia de Maceira, a Asociación para o Desenvolvemento do Alto Tea Covelonatural e o Concello de Covelo queren amosar ao mundo a riqueza etnográfica, histórica, medioambiental e paisaxística destas terras.

Comeza a campaña “Nadal entre todos” en Arbo

O Concello de Arbo, un ano máis pon en marcha a campaña solidaría “Nadal entre todos”. Esta campaña solidaría pretende recoller alimentos non perecederos, alimentos típicos das datas de Nadal e produtos de hixeñe para este ano 2023.

Chourizos e castañas asadas no Magosto Popular de Arbo

O Magosto Popular, organizado polo Concello de Arbo, que xa vai pola súa sétima edición, terá lugar o vindeiro domingo 18 de novembro a partir das 18:00 horas na praza do Concello.

O programa da Deputación “Da túa man” chega a Oia, A Guarda, Covelo e Crecente

A Deputación de Pontevedra segue fomentando novas medidas para apoiar e impulsar o comercio e a hostalería da provincia a través do programa “Da túa man” (rural II), que se desenvolve na Guarda, A Illa de Arousa, Catoira, Covelo, Crecente, Fornelos de Monte, Moraña, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilaboa.

Covelo e Fundación Celta de Vigo agasallan á veciñanza o partido contra o Cádiz

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade gratuíta organizada en colaboración coa Fundación Celta de Vigo Eurorregión Celeste o vindeiro luns día 4 de decembro coincidindo co partido que desputará o Celta de Vigo contra o Cádiz.

A Cañiza celebrou a II edición do “Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza”

A choiva deu unha tregua Á Cañiza durante a mañá do domingo 12 de novembro, para celebrar por segunda vez este evento deportivo, no circuito habilitado nas instalacións do Campo de Fútbol das Augas Férreas e arredores, organizado polo club ciclista «Grupeta Pan De Zarco», e que contou coa asistencia de máis de 800 persoas entre participantes e público.

Arbo lanza a campaña “Ven ao teu Mercado tamén en Nadal”

O mercado municipal e o Concello lánzanse á captación de novos clientes e á fidelidade dos xa existentes, cunha campaña de sorteos que premiará a aqueles que opten por facer as súas compras na praza.