Martes, 19 Agosto de 2025

A Paradanta

A Xunta oferta 354 prazas públicas en escolas infantís para o curso 2021/2022 nas bisbarras da Paradanta, Baixo Miño e O Condado

A Xunta de Galicia vai ofertar 354 prazas públicas autonómicas na rede de escolas infantís A Galiña Azul nas bisbarras de Baixo Miño, Condado e A Paradanta para o vindeiro curso 2021/2022 tras a correspondente publicación da planificación de centros.

A Xunta acomete a humanización integral da rúa San Benito de Arbo, cun investimento de 170.000 €, ao abeiro do Plan Hurbe

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a acometer as obras de humanización integral da rúa San Benito de Arbo cun investimento de case 170.000 euros ao abeiro do Plan Hurbe.

Os populares da Cañiza solicitan ao goberno local retomar o proxecto do Polígono do Vieiro

O Partido Popular insta ao goberno municipal da Cañiza que retome o proxecto do Polígono do Vieiro que consiste na creación dunha nova área comercial e industrial que complete a que xa existe.

Rematadas as obras de mellora na estrada ao barrio de Esmoriz

Este novo investimento na mellora de camiños rurais responde as peticións de agricultores e veciños e veciñas da zona , e as obras acométeronse por mor do mal estado do camiño de Esmoriz.

A Deputación aproba novos investimentos para Baiona, Covelo e Salceda de Caselas

O Plan Concellos, co que a Deputación de Pontevedra fomenta a cooperación, o equilibrio territorial e o respecto á autonomía local, achegará recursos a outros 13 concellos da provincia cos novos investimentos aprobados hoxe en Xunta de Goberno por importe de máis de 580.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita a Casa do Maior de Arbo acompañado polo alcalde Horacio Gil

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitaron onte Arbo para, xunto co alcalde Horacio Gil, visitar casa do maior emprazada no lugar de Sela desde o ano 2019 e que atende na actualidade a tres usuarios.

O BNG presenta iniciativas en Mondariz e Covelo en defensa da Serra do Suído e o Alto Tea

O BNG vén de presentar nos concellos de Covelo e Mondariz unha moción en defensa da Serra do Suído e o Alto Tea. O deputado do BNG no Parlamento Galego, Luís Bará, que acompañou na presentación desta iniciativa ao alcalde en Mondariz, Xosé Emilio Barros, e ás concelleiras en Covelo, Laura Santiso e Belén Carballo, considerouna unha iniciativa “en defensa do territorio, da poboación e do seu futuro”, e informou de que foi rexistrada tamén en forma de proposición non de lei no Parlamento Galego.

A Xunta inviste máis de 1,3 millóns de euros na rehabilitación enerxética do CPI da Cañiza e a modernización dos sistemas de calefacción do...

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar coas melloras nos centros educativos do Concello da Cañiza tras realizar un investimento de máis de 1,3 millóns de euros na rehabilitación enerxética e funcional do CPI e na modernización eficiente dos sistemas de calefacción do IES.

O BNG presenta en Covelo unha iniciativa para mellorar as estradas N-120 e N-559

O Pleno do Concello de Covelo debaterá este venres unha iniciativa do BNG para instar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a adoptar as medidas necesarias para mellorar o estado das estradas N-120 e N-559, que actualmente son empregadas como alternativa ao túnel de Folgoso.

Vive Arbo, a través das rutas de sendeirismo

Arbo é un lugar de contrastes. A paz, a tranquilidade que lle envolve a Arbo, non son capaces de ocultar que, en realidade, trátase dun municipio dinámico. Os tres ríos que bañan o municipio, Deva, Cea e Miño, confírenlle un microclima especial que non só permite practícaa de calquera actividade natural no municipio de Arbo permite aos visitantes gozar dunha excelente cultura, patrimonio e magníficas paisaxes en calquera época do ano.

Os populares da Cañiza solicitan un pleno extraordinario para reclamar ao goberno axudas Covid para autónomos, comercio e hostalería

Onte celebrouse no Concello da Cañiza, un pleno extraordinario solicitado por parte do Partido Popular, para pedir ao goberno local, que leven a cabo varias iniciativas para axudar económicamente aos autónomos, comercios e hostalería local.

O Concello de Arbo continúa executando o plan de melloras viais

O Concello de Arbo, continúa executando o plan de melloras de viais municipais cunha nova inversión financiada pola Xunta de Galicia. En concreto leváronse a cabo actuacións que se enmarcan dentro do programa de melloras de camiños municipais posta en marcha por este goberno dende a súa chegada a casa consistorial.