Luns, 8 Setembro de 2025

A Paradanta

Xa están en marcha os trámites da construción do novo vial da Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, informou esta mañá que xa está redactándose o proxecto de construcción do novo vial no lugar das Tapadas, entre o Centro Comarcal e o Área de Servizo.

Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe

O Concello de Arbo recupera a Antiga Casa do Conserxe no C.E.I.P Antonio Carpintero para ofrecer o servizo de atención temperá. Os traballos realizados para adaptar a antiga vivenda, foron financiados con cargos os fondos propios do Concello de Arbo e encargadas a empresas locais.

Luis Piña recepciona as obras da Fase I do proxecto de urbanización do Vieiro na Cañiza

Hoxe o alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañado dun técnico da Deputación Provincial e do Técnico de Urbanismo do Concello, recepcionou esta 1ª Fase do Plan de Sectorización 2012 de promoción privada do Vieiro.

A Clásica Álvaro Piñeiro presenta o seu maillot oficial

A Clásica Álvaro Piñeiro, que se celebrará o próximo 3 de outubro en Ponteareas, presentou esta fin de semana a camisola oficial dunha edición moi especial –xa que volve tras cinco anos sen celebrarse-, e que levará a cabo con medidas hixiénicas especiais para evitar o risco de contaxio do coronavirus.

Arbo pon en marcha as obras de mellora de camiños rurais

O Concello de Arbo, acaba de adxudicar as obras de mellora e pavimentación do camiño agrícola das Searas en Arbo.

A Cañiza organiza este domingo unha andaina circular

Continuando coa programación presentada do "Verán de lecer 2021", o Concello da Cañiza ofrece, este domingo 18 de xullo, unha andaina circular para toda a familia, cun percorrido de 6,7 km no "sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva".

A Cañiza mellora os camiños da contorna de Paradela e A Miranda en Valeixe

O Concello da Cañiza vén de iniciar os traballos de mellora e acondicionamento do acceso á zona dos Muíños de Paradela dende a pista do Gurgullón, unha drenaxe na pista do camiño entre Ascensión e A Miranda e a pavimentación do camiño en Mourelos. Como xa acontecera anteriormente coa mellora de cinco camiños en Luneda, Parada e Franqueira, financiados tamén polo Plan Concellos 2019, obras planificadas sobre unha base inviable, a actuación dos camiños de Valeixe tamén tivo que ser modificada e contratada de novo por ser imposible a súa execución.

A Xunta aprobará este verán o proxecto de mellora do abastecemento de Arbo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, avanzou esta mañá que a Xunta está a ultimar a supervisión do proxecto de mellora integral do abastecemento de Arbo co obxectivo de aprobalo este verán.

Arbo presenta unha programación segura

Arbo presenta as súas actividades culturais para o veran 2021. Cine, máxia, festivais, a tradicional Gala da Lamprea, as Vodas de Ouro aprazadas no mes de febreiro, a Festa da Lamprea seca en outro formato, son algunhas das actividades programadas polo Concello para o verán 2021.

A Cañiza da a coñecer o amplo programa de actividades que se desenvolver no «Verán de Lecer»

O Concello da Cañiza vén de dar a coñercer o amplo e variado programa de actividades que se desenvolverán dentro do 'Verán de Lecer' unha proposta que busca ofrecer á veciñanza e visitantes, un abano de actividades para todos os públicos, gustos e idades.

Oito municipios, entre eles Redondela, Salceda, Arbo, A Guarda e Tui, recibirán 1,7 millóns de euros da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 1,7 millón de euros ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2021, que beneficiarán a oito concellos da provincia. Trátase de nove achegas para os municipios de Redondela e Salceda na comarca de Vigo; A Lama e Poio na de Pontevedra; A Guarda e Tui no Baixo Miño; Cangas na comarca do Morrazo e Arbo na da Paradanta, coas que poderán financiar obras de humanización, reurbanizacións, pavimentados ou mobilidade segura.

A Cañiza contratará a dous socorristas e dous peóns forestais

A Cañiza contará con dous novos socorristas e dous peóns forestais. As convocatorias dos procedementos foron publicadas previamente no BOP de Pontevedra nº 91 do 14 de maio.