Sábado, 6 Setembro de 2025

A Paradanta

Redondela, Tomiño e A Cañiza recibirán achegas do IDAE grazas á Deputación

Seis concellos da provincia contarán con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais grazas á aceptación, por parte da Xunta de Goberno da Deputación, dunha achega do IDAE que ascende a 387.900 euros.

A Cañiza acolle este domingo á Clásica Álvaro Pino

Este domingo, 3 de outubro, celebrarase a 6ª edición da Marcha Cicloturista "Clásica Álvaro Pino". A Cañiza acollerá 30 km do percorrido, que conta cun total de 110 km, pasando polo Alto de Moncelos (Petán), pola Praza Maior (avituallamiento), Achas, Parada, Luneda (alto de montaña) e por último pola Franqueira.

Remata a Operación Centinela Gallego 2021 da Cañiza

Luis Piña, alcalde da Cañiza, achegouse este xoves, 30 de setembro, ata o Centro Cultural o Pateiro de Oroso, emprazamento onde estiveron despregados os efectivos militares da Brilat que formaron parte da Operación Centinela Gallego 2021.

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-406 en Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras de mellora do firme na estrada autonómica que une Varóns e Filgueira, a PO-406, no concello de Crecente.

A Xunta concede 23 cursos de formación para desempregados no Condado e no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Consellería de Emprego e Igualdade vén de aprobar a celebración de 23 cursos de Acción Formativa para Desempregados (AFD) nas bisbarras do Condado e O Baixo Miño cun investimento de máis de 1,1 millóns de euros.

A Cañiza humanizará a rúa Antonio Facorro coa axuda da Deputación

A Deputación de Pontevedra concede unha axuda de 50.000 € ao Concello da Cañiza, a cal permitirá afrontar o 90% os gastos da redacción do proxecto “Humanización da rúa Antonio Facorro dende a EP-5003 que ven de Arbo ata o entronque coa N-120”.

Arbo remata as obras de mellora de accesos en Merelle-Vilaseca

O Concello de Arbo consideraba necesaria a execución da obra de infraestrutura rural “Mellora de accesos en Merelle - Vilaseca (Cabeiras)”, con destino ao uso ou servizo público, sen que por este concello se poideran acometer a súa execución por razóns orzamentarias.

Comezan as obras de mellora do camiño da EP-5304 As Tallos, Valeixe, na Cañiza

A primeiros de setembro comezou esta obra, que está enmarcada dentro do Plan de “Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022” e ten por obxectivo mellorar a capa de rodaxe e o drenaxe do vial da EP 5304 polo camiño de As Tallos – Mourelos - O Seixal.

O alcalde da Cañiza visitas os centros escolares de Valeixe e A Cañiza

Coincidindo co inicio das clases deste curso escolar 2021-2022, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, achegouse ata os centros de ensino do Municipio para supervisar os traballos de mantemento realizados polo Concello nestas instalacións durante este verán.

O alcalde de Arbo reuniuse co coordinador provincial do Sector Ferroviario de CCOO

O sector ferroviario de CCOO mantivo unha reunión co alcalde de Arbo, Horacio Gil, co obxectivo de conformar un plan de necesidades de mobilidade adaptado aos concellos da marxe da liña ferroviaria do Miño.

O IDAE revalida a aposta da Deputación pola biomasa nos concellos de Redondela, Tomiño e A Cañiza

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, confirmou hoxe que a institución acaba de recibir unha nova achega do IDAE de 387.900 euros para que Portas, Vilaboa, Cangas, Redondela, Tomiño e A Cañiza poidan contar con novas instalacións para o uso térmico en infraestruturas municipais.

A Deputación mellora os accesos da EP5002 A Cañiza – Mourentán

Cun investimento total de 127.773,12€, a Deputación de Pontevedra, institución presidida por Carmela Silva, responde con esta actuación “ao compromiso adquirido coa mobilidade amable, segura e sostible que garante a accesibilidade e a seguridade viaria”.