Venres, 9 Maio de 2025

A Paradanta

A Cañiza entrega os premios do terceiro sorteo da campaña “A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2021”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, entregou no mediodía de hoxe os terceiros premios da campaña de reactivación e fidelización do comercio local "A confianza de sempre, agasállate este Nadal 2021", inciativa que comezou o pasado mes de decembro e que xa suma 3.000 € en vales de compra.

O alcalde da Cañiza reúnese co conselleiro de Sanidade para tratar a situación sanitaria do municipio

O alcalde da Cañiza, Luis Piña e o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, mantiveron unha reunión no departamento territorial de Sanidade de Vigo para tratar temas relativos á situación sanitaria do municipio. Na xuntanza Luis Piña reivindicou novamente a necesidade de cubrir a praza de facultativo en Valeixe durante os cinco días da semana e a dotación cun cuarto médico para o centro de saúde da Cañiza.

A Cañiza firma o convenio de recepción do camión de emerxencias para o servizo do GES

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, tras a firma do convenio de recepción, recibiu o novo camión de emerxencias, da man do Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que dotará ao GES da comarca da Paradanta con sede na Cañiza.

Rematada a rehabilitación dos miradoiros no río Miño, en Arbo

Arbo rehabilitou os miradoiros da vila baixo unha actuación denominada “Rehabilitación de Miradoiros do Río Miño en Arbo”, que incluiu a obra e os honorarios da redacción e dirección do proxecto.

O Plan ReacPon permite á Cañiza rehabilitar a súa piscina municipal

A rehabilitación enerxética da piscina municipal da Cañiza está un paso máis preto de facerse realidade grazas á sinatura do convenio de confinanciación do Plan ReacPon por parte da presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Luis Piña.

Covelo inicia o proceso para a recuperación do espazo público coa axuda da Deputación

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Covelo deron hoxe o primeiro paso para a recuperación e mellora do espazo público en Paraños, unha actuación que se desenvolverá nunha área de máis de 2.600 metros cadrados e que permitirá ao municipio configurar un espazo amable e seguro no núcleo rural.

A Xunta abre o venres o prazo de solicitudes para pescar lamprea no río Tea

A Xunta abre a partir deste venres o prazo de presentación de solicitudes para a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Tea. Así se recolle na Orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de regular e autorizar a pesca desta especie nesta zona así como fixar o período e as condicións para poder participar na tempada de 2022.

O pleno do Concello de Covelo aproba a declaración de Bens de Interese Cultural das chozas e o foxo do lobo da Serra do...

O Pleno do Concello de Covelo aproba, coa unanimidade de tódolos concelleiros do PP, BNG e PSOE, a proposta presentada polo grupo municipal do bloque

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

Rematadas as obras de restauración do lavadoiro de Barcela

Esta obra, adxudicada por importe de 12.901,37 € (IVE 21 % incluído), foi financiada polo Instituto de Estudos do Territorio da Conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de acordo coa Resolución do 3 setembro de 2021.

A Deputación mellorará o sistema de xestión de auga en Ponteareas, Nigrán e A Cañiza

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar 770.390 euros que servirán para que os concellos de Pontecesures, O Grove, Meis, Barro, Marín, Nigrán, Ponteareas e A Cañiza implanten sistemas sostibles de xestión da auga.

O Concello de Arbo mellora o acceso ao Lugar de O Couto

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, comprobaba nestes días o remate das obras de mellora de acceso ao lugar de O Couto, en Arbo.