Venres, 5 Setembro de 2025

A Paradanta

A Festa da Lamprea de Arbo conta, un ano máis, co apoio da Deputación

A Festa da Lamprea, que entre os días 22 e 24 de abril encherá Arbo de miles de comensais para exaltar esta exquisita especie primitiva de millóns de anos, volverá contar un ano máis co apoio da Deputación de Pontevedra.

Esta fin de semana música, boa gastronomía e o mellor xénero na Mostra de Produtos de Covelo

O sábado 2 de abril o concello de Covelo celebra unha nova xornada da súa Mostra de Produtos de Covelo.

A Xunta financiará as obras de mellora da escola infantil de Covelo

A Xunta financiará obras de mellora na escola infantil de Covelo, pertencente á rede pública autonómica, por un valor estimado de 16.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe este centro acompañado do alcalde do municipio pontevedrés, Juan Pablo Castillo.

Luis Piña visita o pavillón para ver o resultado das obras de mellora da cuberta

Luis Piña, alcalde da Cañiza, visitou onte pola mañá a instalación municipal na que se executaron as obras de reparación e mellora da cuberta, cun investimento de 48.296,98 €, financiado a través dun convenio de colaboración entre a vicepresidencia da Xunta de Galicia e o Concello, asinado o pasado 22 de novembro de 2021.

O luns comezaron as obras de construcción dun novo pozo de barrena no Rañadoiro, na Cañiza

As obras de perforación comezaron este luns nos terreos que o Concello da Cañiza ten dispoñibles na zona do Rañadoiro. Este pozo, xunto co de Portoaugavella, súmarase aos 7 existentes que foman parte da infraestrutura de aporte de auga á rede municipal.

Covelo súmase á estratexia de desenvolvemento territorial do Ministerio de Inclusión e Migracións

Covelo da un paso firme no fomento de vivenda e aloxamento de carácter social para poboación migrante e desfavorecida e sitúase como o primeiro Concello da comarca en asinar un acordo coa Asociación Provivienda.

A Cañiza e o centro “EFA A Cancela” das Neves continúan colaborando

O Concello da Cañiza continúa colaborando co centro "EFA A Cancela" das Neves, coa sinatura de novos convenios específicos de formación.

O Concello de Arbo repartirá trampas para velutinas

O Concello de Arbo, un ano máis, para frear a expansión da avespa asiática pon a disposición dos veciños de Arbo de maneira gratuíta 50 trampas e 100 botes de cebo, nas mesmas condicións que nos dous últimos anos.

Covelo arranca coa promoción turística da vila

Por segundo ano consecutivo o goberno de Covelo aposta pola promoción turística do concello na cidade de Vigo. Captar a ollada da área metropolitana e posicionarse na axenda do turismo de proximidade son os obxectivos desta estratexia segundo explica a concelleira de Turismo, Lourdes Enes.

Arbo recupera a tradicional Marcha BTT da Lamprea

Dentro dos eventos que o Concello de Arbo organiza no mes de abril para promocionar a LXII Festa da Lamprea, que este ano terá lugar os días 22, 23 e 24 de abril, volve a organizar despois de dous anos de parón por culpa da pandemia a VI Marcha BTT da Lamprea o 10 de abril.

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta vén de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico.

A Cañiza reforza a limpeza de viais municipais coa adquisición dun novo brazo desbrozador

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou onte pola mañá que o parque móvil municipal dispón xa dun cuarto brazo desbrozador para o mantemento dos viais e camiños públicos.