Mércores, 27 Agosto de 2025

A Paradanta

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.

O deporte cañicense volve estar de noraboa

A Cañiza celebra o éxito dos deportistas na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica, celebrada o pasado 19 de novembro, na que participaron máis de 522 deportistas de 34 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.

O Covelo executa as obras de mellora da casa social de San Salvador de Prado

O Concello de Covelo informa da execución das obras de mellora da casa social de Prado e da súa contorna, ubicada no lugar de Cende na parroquia de San Salvador de Prado. O proxecto conta co apoio da Deputación de Pontevedra que aportará 40.000,01 euros, sendo o orzamento total de 40.464,64 €.

A primeira cita micolóxica de Covelo reúne a persoas de toda a área metropolitana

“Desfrutar dunha ruta a pé arrodeado de carballos, fauna e flora autóctona na boa compaña de todos e todas as asistentes con guias expertos, con exposición enriquecida polos coñecementos de Manuel Garea e Alfonso Rey da asociación Micolóxica A Zarrota fai que un sábado de outono sexa irrepetible e que nos animemos a seguir organizando novas xornadas”, así o resume a asociación Covelo Natural que este sábado tivo que deixar a persoas en listaxe de espera.

Comeza a campaña solidaria de recollida de xoguetes en Arbo

O Concello de Arbo pon en marcha, o vindeiro 1 de decembro e ata o 16 de decembro, a Campaña do Nadal de Recollida de Xoguetes.

Covelo mellora o firme e a sinalización do camiño municipal de Redondo a Vilanova, Barcia de Mera

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa do remate das obras de mellora do camiño de Redondo a Vilanova, na parroquia de Barcia de Mera.

I Carreira pola Igualdade en Arbo

O Concello de Arbo organizará o domingo 27 de novembro, a partir das 10:00 horas da mañá, na Praza do Concello, a I Carreira Contra a Violencia de Xénero “KM pola Igualdade”.

Covelo convoca un concurso fotográfico para o seu calendario 2023 baixo o lema ‘Covelo, turismo, cultura e patrimonio’

Fomentar a participación da veciñanza en actividades de índole artística e creativa é unha das finalidades do concurso fotográfico que, por terceiro ano consecutivo, convoca o Concello de Covelo para editar o seu calendario para o ano 2023.

Aberta a inscrición para o mercadillo de Nadal Arbonadal

Arbonadal é un evento organizado polo Concello de Arbo, que volta ao concello, os días 10 e 11 de decembro.

A gastronomía da Cañiza presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico “Xantar”

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou este sábado, no recoñecido Salón Internacional de Turismo Gastronómico «Xantar» de Ourense, os activos gastronómicos da Cañiza, abanderados polo xamón, xunto cos cocidos, os viños da zona e a tetilla, a mel e o chocolate.

Arbo incentiva a compra no mercado coa campaña “O noso Mercado tamén en Nadal”

O Concello de Arbo inicia unha campaña de apoio ao comercio local para a próxima campaña de Nadal. “O noso Mercado tamén en Nadal” celebrarase desde o 16 de novembro e ata o 16 de decembro.

A Xunta mellora a eficiencia enerxética de Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, vén de acometer un proxecto global de mellora de eficiencia enerxética no alumeado público dos lugares de Freixo, Nane e Paradela, no Concello de Crecente, cun investimento de 40.000 euros.