11 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeA ParadantaCoveloCovelo convoca un concurso fotográfico para o seu calendario 2023 baixo o...

    Covelo convoca un concurso fotográfico para o seu calendario 2023 baixo o lema ‘Covelo, turismo, cultura e patrimonio’

    O prazo de admisión remata o venres 25 ás 13.30 horas na biblioteca municipal

    Fomentar a participación da veciñanza en actividades de índole artística e creativa é unha das finalidades do concurso fotográfico que, por terceiro ano consecutivo, convoca o Concello de Covelo para editar o seu calendario para o ano 2023.

    “Covelo, turismo, cultura e patrimonio” é o título baixo o que se convoca este concurso para o que estará aberto o prazo de presentación de traballos ata o vindeiro día 25 de novembro ás 13:30 horas.As fotografías deben presentarse na Biblioteca Municipal en cor ou en branco e negro impresas en papel fotográfico horizontal de tamaño 21×30 cm. (300 p.p.) e tamén en formato dixital. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras. As bases do concurso poden atoparse na páxina web do ConcellodeCovelo.

    O domingo 27 de novembro de 2022 ás 19.30 h. o auditorio municipal do Concello de Covelo acollerá a exposición das fotografías presentadas que serán valoradas por un xurado composto por profesionais do sector audiovisual, paisaxístico e turístico.

    O xurado considerará, prioritariamente, a creatividade, o vigor da imaxe gráfica, a idoneidade do traballo e a sintonía co lema “Covelo, turismo, cultura e patrimonio” O fallo do xurado levarase a cabo o mesmo día da exposición.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.