Luns, 25 Agosto de 2025

A Paradanta

Alumnado de Moaña amosa o seu interese pola riqueza medioambiental de Covelo

Como colofón ás expedicións e actividades realizadas ao longo do curso, o Club de Ciencias do IES As Barxas de Moaña aterrou no Suído para coñecer a riqueza medioambiental de Covelo da man do guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa.

Abertas as inscricións para o VIII campamento de verán do BM Cañiza

O Club Balonmán Cañiza lanza o seu xa tradicional campamento de verán destinado a nenos desde os catro anos de idade. Desde o 31 de xullo ata o 11 de agosto o club organiza a oitava edición deste campus multideportivo.

Comeza o campus multideporte do Concello de Covelo

Máis de vinte nenos comezaron esta semana o Campus Multideporte do Concello de Covelo. O alcalde da vila, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, saudaron onte aos nenos que, ao longo desta semana, participarán nunha nova edición do Campus Multideporte.

Gran éxito da VII edición do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja

A pasada fin de semana tivo lugar o VII Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, sendo unha nova proba da liga Española de Raids de Orientación e Aventura que supón a terceira cita puntuable para a clasificación 2023.

Comezan as xornadas de “Almorzos Saudables” na Cañiza

Esta semana desenvolvéronse, nos centros escolares da Cañiza e de Valeixe, as primeiras xornadas sobre hábitos alimenticios, coincidindo cos últimos días das clases deste curso 2022-2023. Quedando programadas para o vindeiro curso novas accións neste mesmo eido.

Abertas as inscricións para o XXVII torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”

O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXVIII torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”. O torneo, xogarase en grupos. Os grupos dependerán dos equipos anotados.

Clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga este verán en Covelo

O Concello de Covelo informa que está aberto o prazo para inscribirse nas clases de ximnasia de mantemento e ximnasia na auga que se desenvolverán no mes de xullo.

Volve o VII Raid do Condado Marqués de Vizhoja

Esta fin de semana, 23,24 e 25 de xuño, a liga Española de Raids de Aventura dispútase nas Neves, Salvaterra, Crecente e Arbo, con máis de 40 equipos rexistrados no VII Raid do Condado Marqúes de Vizhoja.

Constituída a nova Corporación do Concello de Covelo

O Concello de Covelo celebrou o pleno de investidura no que foi proclamado alcalde Pablo Castillo Amigo. Castillo tomou posesión do seu cargo cun emotivo discurso no que tivo palabras de agradecemento para as persoas e concelleiros que apoiaron o seu traballo nestes catro anos.

Comezan as obras de mellora do sistema de abastecemento de Arbo

Dan comezo as obras da mellora do sistema de abastecemento municipal de Arbo, cun investimento de máis de 2,3 millón de euros.

O Concello de Covelo rehabilita a fonte do Barreiro en Santa Marina

O Concello de Covelo, dentro do seu plan de recuperación de fontes públicas, procedeu á rehabilitación da fonte de Barreiro na parroquia de Santa Marina.

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina municipal de Covelo

O Concello de Covelo informa que xa está aberto o prazo de inscrición para os cursos de natación na piscina municipal. Como cada ano no mes de agosto o Concello ofrece as clases de iniciación e perfeccionamento da modalidade deportiva de natación tanto para adultos como para nenos.