Martes, 1 Xullo de 2025

Crecente

A Deputación transformou o Condado-Paradanta nos últimos 6 anos

Os nove concellos que integran as comarcas do Condado e A Paradanta recibiron 61.868.006 euros da Deputación dende que en 2016 se produciu o cambio político á fronte da institución provincial, “o maior investimento da historia da Deputación nestas dúas comarcas e en cada un dos concellos”.

Clausura o II Programa de Aceleración de Empresas de Comercio

Enxalzando o talento e valentía das persoas da provincia de Pontevedra, Carmela Silva vén de clausurar o II Programa de Aceleración de Empresas do Sector Comercio de SmartPeme no que participaron dez empresas dos concellos de Pontevedra, Lalín, Crecente, Meaño, Silleda, Vigo e Vilagarcía.

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-406 en Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras de mellora do firme na estrada autonómica que une Varóns e Filgueira, a PO-406, no concello de Crecente.

Crecente mellorará os sistemas de abastecemento e saneamento cunha achega da Xunta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de conceder axudas para a mellora dos sistemas de abastecemento e depuración de augas aos concellos da Lama, de Dozón e de Crecente ao abeiro da orde para estas actuacións orientadas aos municipios de ata 5.000 habitantes.

Crecente humanizará o acceso aos equipamentos públicos e construirá un novo polideportivo grazas á Deputación

As dúas grandes obras financiadas pola Deputación en Crecente e que transformaron a “fisonomía” deste municipio do interior da provincia de Pontevedra foron inauguradas hoxe pola presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde, Julio César García-Luengo, acompañados do deputado Gregorio Agís e varios concelleiros.

Crecente, Nigrán e Salceda de Caselas entre os beneficiarios da nova liña do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas.

Arranca a II edición da aceleradora de comercio da Deputación coa participación dunha empresa de Crecente

A comisión técnica encargada da selección de empresas para participar na II edición do programa de aceleración de empresas do sector comercio, que impulsa a Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme, vén de seleccionar aos proxectos participantes.

A Xunta concede axudas a Crecente, A Cañiza, Mos e Oia para crear ou mellorar infraestructuras municipais

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de resolver as axudas para crear ou mellorar infraestruturas municipais a un total de 39 concellos galegos, por un importe global de preto de 2,3 millóns de euros.

As obras financiadas pola Deputación en Crecente poñen fin aos cortes de auga

A veciñanza dos lugares de Pazo e Outeiro, na parroquia de Albeos, en Crecente, xa non terá que estar pendente dos frecuentes cortes de auga gracias ás obras de renovación da rede de abastecemento financiadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A rapazada de Crecente coñece os ‘Tesouros Humanos Vivos’ a través do contacontos da Deputación

Técnicas de pesca tradicional en torno á lamprea, características dos traballos artesanais, as variedades dialectais únicas na zona, os contos e lendas e mesmo as particularidades musicais, como as treboadas, que desde tempos inmemoriais se transmitían de xeración en xeración nos territorios transfronteirizos… foron onte protagonistas dos contacontos que a Deputación, a través do departamento de Cooperación Transfronteiriza de Uxío Benítez, levou ao colexio Manuel Sieiro de Crecente grazas ao programa ‘Tesouros Humanos Vivos’.

A Xunta outorga 38.544 horas anuais máis de axuda no fogar para dependentes aos concellos de Ponteareas, Arbo, Crecente e As Neves

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros.

O adro da igrexa de Albeos, en Crecente, xa conta coa escultura da Escola de Cantería da Deputación

A deputada delegada de Centros Educativos, Noemí Outeda, acompañada do alcalde de Crecente, Julio César Luengo, e do cura párroco de Albeos, asistiu esta mañá á descuberta da escultura dedicada a San Paio, unha das últimas creacións da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, e que foi instalada no adro desta igrexa do século XII.