Venres, 2 Maio de 2025

Crecente

A Xunta acondicionará paradas de autobús na PO-400 ao seu paso por Crecente

A Xunta acondicionará paradas de autobús na estrada PO-400, no concello de Crecente. As obras, adxudicadas á empresa COVSA por máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas.

A Xunta remata a humanización da contorna da capela de Santa Marta de Albeos, en Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, vén de rematar as obras de humanización e embelecemento da contorna da capela de Santa Marta de Albeos, no Concello de Crecente, que foi financiada cunha achega de máis de 52.000 euros ao abeiro do Plan Hurbe.

Arrancan as inscricións para a actividade “O Camiño de Santiago entre amigos”

O Concello de Arbo, xunto co de Crecente e a Cámara de Melgaço organizan dende o 30 de maio ao 4 de xuño a actividade deportiva "O Camiño de Santiago entre amigos".

A Xunta remata a renovación do auditorio de Crecente

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de rematar as obras de renovación de servizos e equipamentos e de instalación de medidas de seguridade no auditorio municipal do Concello de Crecente, nas que se investiron 35.000 euros.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

Arbo, Melgaço e Crecente programan o “Camiño de Santiago entre amigos”

O Salón de Plenos do Concello de Arbo acolleu a pasada semana, unha reunión entre o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, o alcalde do Concello de Crecente, Julio César García-Luengo, e o presidente da Cámara de Melgaço, Manoel Batista Calçada Pombal, a que asistiron os concelleiros de Deportes, co obxetivo de planificar as actividades de cooperación a realizar entre os tres concellos no ano 2022.

O Plan Marco da Xunta mellorará os camiños dos nove concellos do Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, vén de conceder unha achega de 523.292 euros aos nove concellos das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2023.

Crecente é un exemplo do apoio da Xunta aos pequenos concellos na prestación dos servizos de auga

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, puxo hoxe o Concello de Crecente, que recibiu unha axuda autonómica de máis de 91.000 euros para a mellora do saneamento e do abastecemento, como exemplo do apoio da Xunta aos municipios máis pequenos na prestación dos servizos da auga.

Crecente reformará a praza Ana Pastor co programa ReacPon da Deputación

“Os plans extraordinarios da Deputación de Pontevedra son moi positivos para concellos pequenos como Crecente. Grazas a eles podemos impulsar actuacións e servizos para asentar poboación”, asegurou o alcalde Julio César García-Luengo na sinatura do convenio coa presidenta Carmela Silva.

O GDR Condado-Paradanta financiará seis proxectos da comarca

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural.

A Xunta colabora con Crecente e Arbo para corrixir impactos paisaxísticos

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a colaborar coa posta en valor de elementos patrimoniais de titularidade municipal nos concellos de Arbo e Crecente ao abeiro da nova orde de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos.