Xoves, 8 Maio de 2025

Covelo

Tradición galaico-portuguesa hoxe no Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

O Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera ofrecerá hoxe martes, día 15 de agosto, o concerto de Locus Musicus. Será como de costume na igrexa de San Martiño ás 20 horas.

Rematadas as obras de mellora do serradoiro dos Carranos

O Concello de Covelo informa que xa están rematados os traballos de mellora do serradoiro dos Carranos. As obras tiveron un custo de 30.000 € financiados ao 100 % co apoio da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

As mulleres de Covelo recuperan o seu partido de fútbol

O domingo día 13 ás 20:30 horas as mozas solteiras xogarán contra as mulleres casadas no campo de fútbol de Covelo. A entrada é de balde e antes, ás 19:30, farao o Covelo Club de Fútbol.

Sube á bici en Covelo

O Concello de Covelo celebra a Festa da Bicicleta este sábado día 12 ás 19:30 horas. Con saída na praza Mestre Cerviño do centro urbano poderán participar todas as persoas que así o desexen sen mediar inscrición previa.

Nueva York e Barcia de Mera unidos pola Danza Contact Improvisación

Esta danza postmoderna de improvisación naceu a principios dos ano 70 en Nueva York e supuxo unha revolución dentro do campo artístico da danza ao expresarse dun modo máis espontáneo a partir das posibilidades de cada corpo.

O Ramo do Rosario volveu relucir en Godóns

Un ano máis o tradicional Ramo do Rosario desfilou en Godóns para perpetuar os rituais populares que acompañan a historia dos veciños desta parroquia e da contorna.

Covelo volve vivir a experiencia galego-saharaui en Godóns

O goberno de Covelo, a través do seu alcalde Pablo Castillo, recibíu hoxe á familia galego-saharaui que participa no programa Vacacións en Paz organizado pola asociación Solidariedade Galega Co Pobo Saharaui (SOGAPS).

Cociña e música en directo este sábado na Mostra de Produtos de Covelo

Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar, xoias con cortiza e aceiro, tatuaxes de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen este sábado á Mostra de Produtos de Covelo.

Chega o décimo segundo concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar no XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo que terá lugar o domingo día 6 ás 20 horas na praza Mestre Cerviño.

Agrupación Musical da Limia actuará en Artealdea

Grazas á exitosa iniciativa de Luis Alberto García Tejedor (Gigi) e Cristina Maniglia Perasso (Francis) o Festival Cultural de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea vive hoxe a súa quinta xornada.

Artealdea, en Covelo, rende homenaxe ós costumes, cultura e tradicións populares

Tras dezasete anos ofrecendo espectáculos e a oportunidade única de coñecer e gozar da man de artistas chegados de diferentes partes do mundo, o Festival de Artes Escénicas e Tradición Popular Artealdea ten as súas portas abertas na parroquia de Piñeiro de Areas, en Covelo, ata o vindeiro 6 de agosto.

A Graña celebra cunha merenda a rehabilitación da fonte da Ponte en Eido Gonzalo

O Concello de Covelo, dentro do seu plan de recuperación de fontes públicas, procedeu á rehabilitación da fonte da Ponte en Eido Gonzalo, na Graña.