O Concello de Covelo convida a participar este sábado na súa festa da bicicleta. Organizada en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a marcha ciclista arrincará ás 19:30 horas da praza Mestre Cerviño para realizar un percorrido apto para toda a familia.
Se tes entre 5 e 12 anos este verán poderás vivir unha experiencia única inmerso na natureza. A finca A Seara, ubicada no barrio da Ermida en Covelo, ofrece do 22 ao 26 de agosto un campamento de verán no que xogar coa arte e coa natureza.
O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, informa que o Concello vén de adquirir un novo camión para a recollida do lixo. Este novo vehículo foi adquirido con fondos propios do Concello por un importe de 145.200 €.
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos para tres municipios da provincia, Covelo, O Porriño e O Rosal, cun investimento total de 434.041 euros.
Un ano máis o Concello de Covelo entregou os premios do concurso Festas Patronais que premia a creatividade nas modalidades do debuxo, fotografía e repostería.
A Concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar na oitava xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 7 de agosto e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán.
Facilitar a conciliación familiar e laboral foi o obxectivo dunha nova edición do Campus Multideporte do Concello de Covelo. Trinta nenos participaron durante todo o mes de xullo nas diferentes actividades ofertadas.
Coñecer que, como, por que e para que se actuou no Castelo do Faro foi o obxectivo da xornada de presentación da intervención arqueolóxica no recinto do Castelo do Faro.
O Concello de Covelo informa que, no marco do convenio de prevención de incendios asinado coa Xunta de Galicia, durante tres meses catro persoas traballarán na prevención de incendios realizando labores de limpeza, desbroce e extinción. Ata o 31 de outubro, tres peóns e un capataz limparán parcelas sobre as que existen denuncias por incumprimento da obriga de limpeza e participarán na loita contra os incendios forestais.
Dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, ese é o obxectivo do servizo de atención temperá co que contará o Concello de Covelo logo de asinar na mañá de hoxe o convenio de xestión compartida deste servizo cos concellos de A Cañiza, Melón, Mondariz e Mondariz Balneario.
O goberno de Covelo quere agradecer o traballo de todas as persoas que fixeron posible unha nova edición das festas patronais e do churrasco e traslada, tamén, o seu agradecemento a todas e todos os que decidiron celebrar estes tres días de festa en Covelo.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.