O Centro de Saúde de Covelo aposta pola formación e concienciación como método para atallar no proceso de cura de enfermidades e como ferramenta para a detección e prevención. Comprometido coa saúde da veciñanza de Covelo, este luns día 27 de marzo ofrecerán unha charla sobre a saúde da muller ao longo dos anos.
O goberno de Covelo avanza na súa aposta por unha vila máis amable para as persoas e mellorará a contorna da igrexa de Santiago en Prado da Canda. Froito da boa xestión económica e transparencia da contabilidade municipal, o Concello pode permitirse esta actuación que ten un custo de 197.302 € que serán financiados con fondos propios a través do Plan Concellos 22/23 da Deputación de Pontevedra.
A asociación de veciños e veciñas San Salvador de Maceira organiza o seu desfile de entroido este domingo día 26. En colaboración co Concello de Covelo haberá música, animación e o desfile de comparsas a partir das 17 horas na praza de Maceira.
O Concello de Covelo, en colaboración co centro de saúde local, organizan unha charla informativa sobre alimentación BLW e atragantamentos aberta a toda a cidadanía das vilas da contorna totalmente de balde. Será o vindeiro luns 20 de marzo ás 16 horas no auditorio municipal.
Belén Carballo, actual concelleira do BNG no Concello de Covelo, vén de facer pública a súa candidatura á Alcaldía. Os nacionalistas veñen de depositar a súa confianza e apoio no bo facer da edil nos últimos anos. Natural de Godóns e licenciada en Socioloxía e Antropoloxía, colaborou como socióloga no proxecto Vidas con historia da Deputación de Ourense, na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerés–Xurés.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, realizaron hoxe unha visita ao centro de saúde de Covelo, na que estiveron acompañados polo alcalde, Pablo Castillo, para informar de que o Goberno galego vai incluir 8 prazas de médicos e pediatras, que darán servizo aos concellos de Covelo, Ponteareas, Arbo, Mondariz, Tui e Tomiño, na convocatoria de prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos que aprobará nas vindeiras semanas.
Seguir aprendendo e promover o coñecemento é o obxecto do convenio que o Concello de Covelo e a Universidade de Vigo asinaron no pasado ano froito da colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as Universidades de Santiago, Coruña e Vigo.
A Concellería de Formación, que dirixe Lourdes Enes, informa que está aberto o prazo de matrícula para os primeiros cursos do Plan de Formación do Concello de Covelo.
A colaboración entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Lamosa e o Concello de Covelo permitirá que arredor de douscentos fogares teñan mellor cobertura de televisión e telefonía.
A Concellería de Cultura, que dirixe Lourdes Enes, convida á cidadanía a participar na conferencia “A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión” que terá lugar o martes día 7 de marzo, ás 17 horas, no auditorio municipal completamente de balde.
A unidade de doazón de sangue estará mañá sábado día 4 no concello de Covelo. Ubicarase ao carón da Casa do Concello dende as 10 horas ata as 15 horas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.