Sábado, 10 Maio de 2025

Covelo

Covelo mellorará a pista polideportiva e creará unha área de lecer en Paraños

O Concello de Covelo saca a licitación a execución da mellora da pista polideportiva e a creación dunha área de lecer na contorna da Casa Cultural da parroquia de Paraños.

Covelo renova o servizo de atención temperá

O Concello de Covelo vén de renovar o servizo público de atención temperá. Fíxoo xunto aos Concellos de A Cañiza, Mondariz, Mondariz Balneario e o Concello ourensán de Melón que compartirán, grazas á sinatura dun convenio de colaboración, este servizo de atención psico-social e familiar.

Covelo investirá máis de cen mil euros en reparar os danos causados polas inundacións

O Concello de Covelo informa que vén de solicitar á Deputación de Pontevedra 111.770,85 € para a execución do proxecto “muros de contención e canalizacións de pluviais para a reparación de danos causados por inundacións”. En concreto, o Concello de Covelo destinará esta subvención á reparación de muros e canalizacións de pluviais na Bugariña, en Carballeda, en Casteláns e en Lourido co obxectivo non só de repoñer o estado das zonas afectadas, tamén de reforzalas e preparalas para afrontar novas inclemencias meteorolóxicas.

Covelo pon en valor o serradoiro dos Carranos cunha nova actividade de portas abertas o domingo 21

A concellería de Turismo do Concello de Covelo convida a participar nunha nova xornada de portas abertas do serradoiro dos Carranos. Será este domingo día 21 de maio e as persoas interesadas poderán inscribirse nun dos catro pases que se realizarán. As xornadas de portas abertas no Serradoiro dos Carranos están organizadas polo Concello de Covelo e financiadas pola Deputación de Pontevedra.

Comezan as obras de mellora do serradoiro dos Carranos

O Concello de Covelo contratou os traballos de mellora do serradoiro dos Carranos por un importe de 30.000 € financiados ao 100 % co apoio da Axencia Turismo de Galicia da Xunta de Galicia.

Covelo disfruta do Día das Letras Galegas con contacontos

O Concello de Covelo convida a toda a cidadanía a participar na actividade organizada polo Día das Letras Galegas, o mércores 17 de maio ás 17:00 horas.

Covelo mellorará camiños municipais en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina

O Concello de Covelo executará obras de limpeza, ensanche e asfaltado, entre outros traballos a realizar, en Barcia de Mera, Godóns, Piñeiro de Areas e Santa Marina con cargo ao Plan Concellos 22-23 da Deputación de Pontevedra.

O recoñecido violonchelista Guillermo Pastrana actuará mañá en Covelo

O violonchelista Guillermo Pastrana ofrecerá mañá un concerto dentro do Ciclo de Música de Barcia de Mera. Guillermo Pastrana é considerado como un dos artistas españois máis influíntes da actualidade.

Covelo converterá o baixo do pavillón municipal nun ximnasio e salas de usos polivalentes

O Concello de Covelo presenta, aos fondos PON2030 da Deputación de Pontevedra, o acondicionamento da planta baixa do recinto polideportivo do pavillón municipal para convertelo nun ximnasio e crear, ademais, salas de usos múltiples.

A Universidade de Vigo formará á veciñanza de Covelo en pilates

O auditorio municipal de Covelo acolle mañá o terceiro seminario do ciclo ofrecido pola Universidade de Vigo en colaboración co Concello de Covelo.

Este domingo Baldomar celebra os tradicionais poxos da Santa Cruz

O barrio de Baldomar na parroquia de Santa Mariña, concello de Covelo, celebra este domingo os seus tradicionais “poxos”. Cada domingo despois do 3 de maio a igrexa da Santa Cruz é testemuña desta peculiar subasta na que non faltan produtos do campo e da matanza e tamén animais vivos.

Covelo recepciona o conxunto abacial de Barcia de Mera para rehabilitalo e xestionalo os vindeiros 50 anos

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e D.Jesús Carracedo, diácono de Asuntos Económicos do bispado, asinaron en presenza da notaria e do párroco de Barcia de Mera, D. Rafael Antela, a cesión temporal e gratuíta do conxunto abacial de Barcia de Mera.