Sábado, 10 Maio de 2025

Arbo

Arbo recupera e pon en valor antigos lavadoiros e fontes municipais

O Concello de Arbo, vén de dar por rematadas as obras as obras de mellora e recuperaci´n de dous antigos lavadoiros sitos nas parroquias de Sela e Mourentan e unha fonte. As obras, que foron executadas por unha empresa local por importe de 21.824,56 €, englobaron o acondicionamento do terreo onde se sitúan as construcións, drenaxes perimetrais e substitución de estruturas deterioradas.

Entroido virtual en Arbo para dinamizar a economía local

O Concello de Arbo, no seu interese por promocionar a gastronomía, a hostalería, os deportes de aventura, as adegas e o comercio local e para poder contribuir a reactivación dun sector tan importante para o concello e tendo en conta as medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola Covid-19, acorda a realización do entroido virtual en Arbo no ano 2021.

Mellora de acceso en Correlo

Coa construción, anos atrás, da viaria PO-405 de acceso á Fronteira con Portugal, interrompeuse o acceso a todas as leiras situadas na marxe esquerda do vial neste tramo concreto e dada a súa configuración morfolóxica de fortes pendentes, ao non executarse un vial de servizo nesa zona.

O Concello de Arbo pon en marcha novamente o servizo de taxi gratuíto para loitar contra a pandemia

Dada a grave situación sanitaria que se esta a producir no municipio de Arbo por mor da Covid19, o Concello solicita, unha vez máis, a máxima colaboración de toda a veciñanza evitando os desprazamentos innecesarios.

A Xunta outorga 38.544 horas anuais máis de axuda no fogar para dependentes aos concellos de Ponteareas, Arbo, Crecente e As Neves

A Consellería de Política Social vén de aumentar o investimento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para a atención de persoas dependentes en toda a comunidade, a partires deste mesmo ano, en 10 millóns de euros.

Bouza de Miguel, un área recreativa para pasar un día de diversión en familia en Arbo

A Área recreativa Bouza de Miguel, situada nun lugar privilexiado desde donde se pode ver o rio Miño, atrae numerosas persoas deseosas de disfrutar da natureza e o aire libre, un lugar donde os mais cativos poderán realizar todo tipo de atividades ao aire libre e os maiores relaxarse é disfrutar das vistas e a tranquilidade.

A Xunta de Galicia contrata as obras de humanización da rúa San Benito en Arbo

Comenzan as obras de humanización da rúa San Benito en Arbo, uns dos viais mais centricos da Vila de Arbo e que precisa dunha renovación para mellorar a mobilidade urbana. As obras cun orzamento de 169.514,84€.- están enmarcadas dentro do Plan Hurbe da Xunta.

Arbo recupera o Muíño de San Xoan que sufrira serios danos por actos vandálicos

O Muíño de San Xoán, situado o carón da Ponte Románica de San Xoán e un dos lugares máis emblemáticos de Arbo, foi recuperado polo Concello tras sufrir numerosos danos provocados por persoa ou persoas descoñecidas. Os intrusos prenderon lume no interior o que provocou que as madeiras queimáranse e amais romperon cristais e xanelas, chans e teitos de madeira.

Reinventando o Nadal en Arbo: o Carteiro Real estará en todas as parroquias

O coronavirus forzará modificacións profunda no Nadal Cultural de Arbo, pero se buscaron fórmulas para que non diminúan unhas festas tan importantes e que a máxia do Nadal viva nos corazóns de todos e sobre todo nos nenos e nenas de Arbo.

A Deputación mobiliza 1,8 millóns de euros para novas obras de mellora da mobilidade e seguridade peonil en Arbo

A Deputación de Pontevedra deu o visto bo a outros 1,8 millóns de euros para obras de mellora da seguridade viaria e peonil nas estradas provinciais. A Xunta de Goberno Provincial aprobou catro actuacións nos concellos de Meis, Moaña, Arbo e Barro para continuar recuperando espazo público no marco do modelo provincial de mobilidade segura.

Reparacións e mantemento en edificios municipais de Arbo

Á vista do expediente que se tramitou ante a Vicepresidencia, Administración Públicas e Xustiza, ao abeiro da Orde de 12 de decembro de 2019 o Concello de Arbo, acaba de recibir unha achega para a actuación “Reparación e mantemento en Museo Arabo e Centro Multiusos”, cun orzamento total de 39.999,05 € (IVE do 21% incluído).

O Concello de Arbo reparte alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio

O Concello de Arbo, dada a precaria situación que viven moitas familias do municipio derivada da crise sanitaria da Covid-19, realizaou a pasada semana unha entrega de alimentos extraordinaria co motivo do Nadal. Esta iniciativa, que beneficiará a máis de 60 familias, comezou a semana pasada e articulouse desde os Servizos Sociais Básicos do Concello.