Venres, 9 Maio de 2025

Arbo

Arbo inicia a renovación da rede de abastecemento en Cuarto, San Estevo de Mourentán

O Concello de Arbo comezou coas obras de renovación da rede de abastecemento en Cuarto da Parroquia de San Cristovo de Mourentan, traballos contan cun investimento de 49.979,74 € (IVE 21% incluído) e contan co financiamento do 100 % de Augas de Galicia.

Comezan as obras do vial Cequeliños de Arbo

O Concello de Arbo pretende mellorar a súa rede municipal de estradas, reparando as estradas e pistas asfaltadas, e pavimentando completamente as pistas que se atopan en terra.

A defensa das pesqueiras do Miño no parlamento por iniciativa do BNG arbense

Arbo acolleu este pasado venres un acto de presentación das propostas levadas ao parlamento para pór en valor as pesqueiras e retomar unha reclamación histórica desta construción singular e milenaria do enxeño galego.

A Deputación inicia as obras de mellora no barrio do ferrocarril de Arbo

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de mellora da mobilidade peonil na intersección das EP-5202 e EP-5203, no barrio do ferrocarril do concello de Arbo, unha actuación que transformará este singular espazo dando resposta a unha demanda histórica da veciñanza e que foi adxudicada por un orzamento de 484.906€.

Dan comezo as obras de humanización no barrio da Estación

O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

Arbo celebra o Samaín na Praza Consistorio

Coa volta do Samaín 2022 a volta da esquina, o Concello de Arbo avanza que xa ten programada para os cativos da casa un Samain especial adaptado as medidas Covid-19, baile de esqueletos, tunel do terror, música e moita diversión asegurada.

Arbo mellora camiños rurais despois de rematar as obras nas Searas

O Concello de Arbo, acaba mellorar e pavimentación o camiño agrícola das Searas en Arbo. As obras incluídas neste proxecto resolveron os problemas existentes para dar un servizo digno a unha serie de parcelas agrícolas.

Os Bolechas chegan a Arbo da man do programa “Falaredes” da Xunta

O Concello de Arbo, vén de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño á nova normalidade, con actividades adaptadas e sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.

O Concello de Arbo convoca becas de estudo para universitarios

O Concello de Arbo, en colaboración coa Fundación “Segundo Gil Dávila”, convoca becas de axuda para os estudos, por unha cuantía de 500,00€ cada unha.

Os populares de Arbo propoñen unha moción pola sanidade

No medio da loita por preservar unha saúde rural digna, o Concello de Arbo tamén se fixo eco deste problema e foi o grupo municipal do Partido Popular quen presentou unha moción pola saúde. O principal obxectivo é garantir unha atención de saúde rural de calidade e local.

Arbo, viño e adegas

O municipio de Arbo é o prototipo de zona que conta cun microclima propio. A influencia atlántica da que gozan estas terras, con temperaturas suaves e precipitacións abundantes, permítelle dispoñer das horas de sol necesarias para que as uvas alcancen o seu punto exacto de madurez.

O BNG desenvolve en Arbo unha campaña contra a suba das tarifas eléctricas

O BNG iniciou unha campaña na localidade de Arbo ante o “incremento brutal da factura da luz”. Na mañá deste mércores, a formación nacionalista instalou unha mesa informativa na Praza do Consistorio, na que recolleu ducias de sinaturas para reclamar “a adopción de medidas que permitan a diminución do prezo da factura eléctrica e o fin da discriminación que padece Galiza por este motivo”