Domingo, 14 Setembro de 2025

A Cañiza

A Cañiza presenta a campaña “A confianza de sempre, agasállate este Nadal”

Por segundo ano consecutivo, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, e a Asociación de Comerciantes da Cañiza presentan a campaña de impulso e fidelización do comercio local coñecida como "A Confianza de Sempre, Agasállate este Nadal".

Entra en vigor unha nova ordenanza reguladora de feiras e venda ambulante na Cañiza

A Ordenanza, aprobada definitivamente por Acordo do Pleno o pasado 30 de setembro de 2021, deroga a anterior e regula o exercicio da venda ambulante no termo municipal de A Cañiza, establecendo a Feira Tradicional da Cañiza que seguirá celebrándose todos os días 6 e 20 de cada mes (coa particularidade de que cando cadre en festivo manterase a súa celebración) e a Nova Feira da Cañiza que se celebrará todos os últimos e antepenúltimos domingos de cada mes.

Luis Piña presenta o I Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, presentou onte pola mañá este I Trofeo Ciclocross Concello da Cañiza, acompañado de Tito Ramírez, Verónica Romero e Tino Muñoz, organizadores do evento e membros da directiva do clube cañicense e do entrenador da Federación de Ciclismo de Galicia, Alberto del Río.

A Cañiza entrega media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos de Galicia

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de facer entrega de máis de media tonelada de tapóns de plástico á Fundación Amigos de Galicia, de Vilagarcía. O Concello colabora con esta fundación na campaña "tapóns solidarios", destinada ao pago de necesidades escolares e tratamentos médicos para menores galegos en risco de exclusión social.

O alcalde da Cañiza visita as obras no alumeado na parroquia do Couto e Parada

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, percorreu onte, acompañado dun dos técnicos da empresa adxudicataria, a parroquia do Couto e de Parada para visitar estas obras que xunto coa de Valeixe, xa rematada e a de Achas que se iniciará en breve, completan a reforma integral do alumeado público da Cañiza previsto para este ano 2021.

Hostaleiros e persoas traballadoras autónomas da Cañiza poderán solicita as axudas para paliar os efectos económicos da pandemia

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou onte o anuncio do Programa de Reactivación Económica e Social do Concello da Cañiza e as Bases reguladoras das Liñas de axuda aos sectores máis desfavorecidos da Cañiza pola situación Pandémica.

A Cañiza asinará un convenio coa Xunta para arranxar o tellado do pavillón municipal

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anuncia a sinatura dun convenio coa Xunta de Galicia para o arranxo do tellado do pavillón municipal "Carballo do Marco" e a compra de 123 contenedores de lixo por un importe de 70.000€.

O pavillón deportivo da Cañiza luce un novo videomarcador

O pavillón deportivo municipal "Carballo do Marco" xa luce un novo videomarcador, cun investimento de 25.800 €. O alcalde da Cañiza, Luis Piña, asistiu inte á instalación desta pantalla deportiva, adxudicada á empresa Mondo Iberica SAU.

A Cañiza cambiará os radiadores eléctricos de 15 centros sociais e salas de velacións por estufas de pellets

O Concello da Cañiza mantén a súa aposta pola eficiencia enerxética co cambio das calefaccións eléctricas dun total de 15 centros sociais e salas de velacións parroquiais, obras que contarán cun investimento de 62.781,53 € e que contarán, tal e como adiantou o alcalde da Cañiza, Luis Piña, cunha subvención de 56.503,34 € da que o Instituto de Diversificación e Aforro Enerxético do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno de España achegará un total de 50.225,16 € e a Deputación de Pontevedra 6.278,18 €.

O alcalde da Cañiza visita as obras de mellora en Valeixe

En plena execución desta actuación, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou o venres estas obras de humanización dun dos barrios da parroquia de Valeixe, a zona das Adegas – Barreiros, para coñecer o avance das mesmas, da man dos técnicos do proxecto.

A Cañiza acorda unanimemente a defensa da restitución do médico do consultorio de Valeixe

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibe unanimemente o apoio, de todas as formacións políticas da Corporación Municipal, á súa proposta de acordo para restablecer o servizo de asistencia médica cun facultativo no centro de Valeixe os cinco días da semana e asignar un cuarto facultativo para o centro médico da Cañiza.

Luis Piña defende o centro médico de Valeixe ante as noticias do seu peche inminente e reclama un cuarto médico para A Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de convocar un Pleno Extraordinario para este vindeiro xoves 4 de novembro ás 9:00 horas, cunha porposta de Acordo que pretende consensuar con toda a Corporación Municipal de cara amosar a oposición firme ao peche do centro médico de Valeixe ante as noticias do seu inminente peche. De feito, a Xunta decidiu non cubrir a praza do facultativo dese consultorio derivando todos os pacientes ao Centro Médico da Cañiza.