Sábado, 17 Maio de 2025

Covelo contará cun coworking e más vivenda social

0

O Concello de Covelo informa que o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico vén de concederlle 760.246,97 para a rehabilitación enerxética da envolvente térmica do edificio “Antigas Casas dos Mestres”.

O alcalde Pablo Castillo explica que se trata dun proxecto fundamental para o Concello ao posibilitar a creación de vivenda social e espazos para o emprendemento. “Grazas a esta intervención Covelo contará non só con vivenda social, tamén teremos os primeiros espazos municipais destinados a coworking”.

A rehabilitación deste conxunto de titularidade pública permitirá ter catro vivendas sociais e ademais ofrecer un centro coworking que se habilitará en dúas das vivendas rehabilitadas, “espazos de calidade e con todas as prestacións necesarias para que os e as emprendedoras locais poidan desenvolverse profesionalmente”.

100 % sostible

O proxecto intervirá na rehabilitación das fachadas e no illamento térmico interior de seis vivendas. Nas fachadas empregarase un sistema de illamento térmico exterior (SATE) e no interior prevalecerán intervencións con altas prestacións térmicas, substitución das luminarias actuais por tecnoloxía LED e  instalación de sistemas de ventilación con recuperador de calor.

O proxecto contempla, tamén, unha instalación fotovoltaica na cuberta do edificio apostando por un modelo de autoconsumo que abastecerá ás catro casas de mestres e aos dous espazos destinados a coworking.

Ademais, substituiranse os radiadores e termos eléctricos por 6 instalacións de aerotermia con acumuladores e solo radiante nas vivendas e zonas de vestiario, aseos e oficinas.

Ponteareas avanza as obras de Ponte Xil

Xa están en marcha os traballos de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade, unha zona que presentaba importantes deficiencias tras os danos provocados polas intensas choivas nos últimos anos. Tras os trámites necesarios para obter a autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Concello xa está a realizar na zona as obras “para solucionar os problemas de drenaxe insuficiente o afluente do Uma por mor da rotura das tubaxes de formigón”, como explica a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote.

Os traballos de reparación dos danos suporán un investimento de máis de 60.000 euros financiados ao abeiro do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra e estarán rematados en apenas dous meses. Estas obras permitirán construír un novo pontón que substitúa as tubaxes actuais, renovando todo o tramo do camiño afectado.

Para a súa execución, a empresa concesionaria ten que demoler todo o tramo afectado, polo que se realizará un desvío provisional do leito do río. “O obxectivo destas obras é renovar o paso actual para volver poñer en servizo a estrada municipal, mellorando a seguridade viaria do camiño, aumentando a calidade do servizo e a comodidade dos veciños e veciñas”, recalca Garrote. Trátanse duns traballos complexos, polo que a concelleira agradece ademais a paciencia da veciñanza da zona pola demora no inicio dos traballos e polo tempo que duren as obras.

Redondela ofrece cursos de iniciación á lingua de signos

0

Un ano máis, a Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Iria Vilaboa, organiza dous cursos presenciais de iniciación á lingua de signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas. A alcaldesa, Digna Rivas, agradeceu “o interese amosado pola veciñanza en iniciativas deste tipo ” que reflecten “un alto grao de sensibilidade e solidariedade á hora de aprender unha lingua que vai facilitar a comunicación coas persoas xordas e facilitar a súa integración social”.

O curso de Nivel A1.1 tivo o ano pasado unha longa lista de espera polo que dende o Concello amosan a intención de continuar ofrecendo actividades orientadas á aprendizaxe da lingua de signos. A rexedora local explica que “desta vez aumentamos o número de prazas  ofrecendo o mesmo curso en Chapela e Redondela”.

O curso, que ten unha duración de 30 horas lectivas, impártese os martes e xoves na nova Oficina de Turismo (Rúa Isidoro Queimaliños, 2) de 11h a 13h e os luns e mércores na Aula Cemit de Chapela (Rua Manuel Rguez Casal, 3) de 16:30h a 19h. A inscrición realízase no rexistro do Concello de Redondela e priorízanse ás persoas que non participaran nos cursos destas características anteriormente desenvolvidos para, dese xeito “poder permitir que un maior número de persoas tomen contacto coa Lingua de Signos”, conclúe Rivas.

Verónica Tourón presentou a súa candidatura nun auditorio repleto de público

O primeiro de maio, a Agrupación Socialista de Salceda presentou a súa candidatura de cara as eleccións municipais 2023 nun auditorio municipal ateigado pola veciñanza, cun acto apoiado por unha interprete na linguaxe de signos e proxeccións audiovisuais.

No acto interviron o nº 2 do candidatura e actual concelleiro Rubén González Coto, o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro e a presidenta da Deputación Carmela Silva.

Enrique Cabaleiro salientou a calidade humana da candidata e a importancia da súa personalidade á hora de acadar resultados e gobernar de forma xusta para toda a veciñanza.

A Presidenta da Deputación destacou a enorme valía persoal e política de Verónica Tourón e a súa forma de gobernar baseada na xestión e traballando por acadar feitos fronte á política da promesa e o sorriso fácil que moitas veces se practica na política. “Muller intelixente, traballadora, implicada e que ten un plan moi claro para Salceda, cunha dirección clara cara o que precisa esta fermosa vila”, así se dirixiu ao auditorio Carmela Silva.

Na presentación conducida por Verónica Tourón dun xeito dinámico, expuxéronse os feitos levados a cabo durante esta lexislatura por parte do grupo municipal socialista. Amosando a boa xestión, facendo fincapé nos éxitos acadados a través do diálogo e nas políticas pioneiras postas en marcha en Salceda e que puxeron as persoas no centro da xestión municipal. Destacando a primeira vivenda de alugueiro social, os obradoiros e programas de emprego, a rehabilitación das casas do mestre, piscinas municipais ou o centro cívico da Devesa. Este último “claro reflexo do que soño para Salceda, un espazo de convivencia para nenas e nenos, mozos e mozas, persoas maiores, salcedenses de nacemento, dos de acollida e tamén das persoas que levan a Salceda no corazón”, en palabras da alcaldesa e candidata Verónica Tourón.

A candidata amosouse orgullosa do equipo de persoas que a acompañan na candidatura, dende as máis veteranas ata as novas incorporacións, definíndoo como un conxunto de persoas cun proxecto común e colectivo para a veciñanza. Destacou deles a súa fidelidade cos valores que a impulsaron a dedicarse á política e que a fan continuar nela con ilusión e ganas, como a igualdade, a xustiza social, o feminismo ou o anhelo de acadar un crecemento económico sostible que beneficie a maioría da veciñanza.

Aprazada pola chuvia a Feira de Cultivos do Baixo Miño

0

A Feira de Cultivos do Baixo Miño adáptase ás circunstancias e ponlle ao mal tempo boa cara. Por mor das chuvias e das malas condicións meteorolóxicas previstas para os vindeiros días, a cita aprazarase unha semana pero manterá a súa ampla programación. Así, a Praza Pintor Antonio Fernández de Goián acollerá do 12 ao 14 de maio a décimo oitava edición da renovada Feira de Cultivos do Baixo Miño, que estrea escenario ao aire libre e unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.

Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a feira achegará ao público as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e subministros da comarca, pero tamén unha morea de concertos, sesións vermú, conferencias e obradoiros con profesionais de alto nivel.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asegura que “non deixaremos que o mal tempo nos apague a ilusión que temos depositada nesta nova edición da Feira de Cultivos, unha celebración que nos permitirá reunirnos novamente nun ambiente festivo e produtivo”. Pola súa banda, a presidenta de acuBam, Mariví Álvarez, destaca que “o cambio de datas non impedirá que poidamos desfrutar dunha feira moito máis participativa, dinámica, aberta e lúdica para profesionais e veciñanza”.

Entre o extenso programa de actividades destacará, entre outras, a actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, que estreará álbum e xira na Feira, ou a presenza do monologuista David Amor, que porá a nota de humor ao evento. A pioneira chef tomiñesa Toñi Vicente, ao abeiro do proxecto Eurochef de Eu Rural, compartirá fogóns co recoñecido cociñeiro galego Iván Méndez para ensinar ao público a explotar todo o potencial dos cultivos de tempada e dos produtos locais dun xeito ameno e divertido.   

Vermú entre plantas con música en directo, unha zona de expositores das empresas do sector agro da comarca e unha tenda na que mercar produtos de calidade e de proximidade súmanse a un completo programa co que conquistar a todos os público. As actividades compleméntanse co Mercado de Primavera, un espazo no que se darán cita diferentes postos nos que se combinarán bixutería e xoias, artesanía en pel, mel, xabóns, madeira, libros, xoguetes… Ademais, a organización anima a todo o público a pasar un momento divertido e agradable noutros espazos como no bar, na zona de food trucks e nos establecementos hostaleiros de Goián.  

Nigrán dotará a Vilariño dun centro social e auditorio ao aire libre

0

O Concello de Nigrán investirá 600.000 € para dotar ao barrio de Vilariño (San Pedro) dun centro social para uso polivalente e auditorio ao aire libre con zonas cubertas. O proxecto, encargado ao arquitecto nigranés Pedro González Souto (Areeira Arquitectos), desenvolverase nunha parcela municipal de 4.860 m2 ao carón do CEIP Carlos Casares comprendendo 3.357 m2 de actuación (os restantes 1.500 mxa foran cedidos parao bosque-escola que se está a desenvolver no centro educativo). O obxectivo é que a veciñanza poida dispor dunha sala polivalente, almacén, cantina e zonas cubertas nunha gran parcela urbanizada en consonancia co bosque-escola contiguo e cun auditorio ao aire libre como gran reclamo.

“Trátase dun barrio de Nigrán cunha actividade cultural diferenciada e sen recursos propios ao non poder empregar xa o antigo convento dos franciscanos e, ao seu favor, coa gran sorte de que dispomos desta parcela municipal en desuso xusto no núcleo neurálxico”, explica o alcalde, Juan González, quen sinala que a primeira opción do Concello foi intermediar co Obispado para acadar a cesión do antigo teatro do convento para o uso da Asociación Cultural Vencellos (entidade nacida no ano 2019 co obxectivo, precisamente, de recuperar a actividade social que antigamente se desenvolvía neste lugar).

Finalmente, Concello e Asociación Cultural Vencellos conviron a creación deste espazo propio que se proxecta como lugar de encontro da veciñanza para gozar de actividades lúdicas ao aire libre ou tamén a cuberto. Neste sentido, o arquitecto plantexa dúas primeiras fases de obra que comprenderían a urbanización da parcela cun anfiteatro ao aire libre adaptado ao terreo mediante bancais a modo de graderío e 640 m2 de zonas cubertas mediante estruturas que simulan as formas dos cogumelos e baixo as cales se poderían desenvolver todo tipo de actividades. Igualmente, contémplase a construción dunha sala polivalente a modo de pequeno auditorio, baños accesibles e cantina e almacén, estes últimos en 70 m2 baixo a cuberta. O proxecto será realizado de xeito que poida ir medrando ordeadamente en función das necesidades que se vaian detectando.

“Queremos que supoña unha continuidade e transición natural ao bosque-escola que estamos a desenvolver na mesma parcela para o centro educativo, de xeito que o propios alumnado poidan gozar tamén no seu día a día destas instalacións e, sobre todo, queremos que este sexa un lugar amable de encontro e reunión para a veciñanza de todas as idades”, subliña o alcalde.

Mos modifica a ordenanza das Emerxencias Sociais para adaptala ás novas problemática

0

O Pleno do Concello de Mos aprobou por unanimidade dos seus membros a Modificación do Regulamento de Axudas de Emerxencia Social Municipal.

O programa de axudas de emerxencia social municipal púxose en marcha no ano 2012, polo que desde o departamento de Política Social advertiuse a necesidade dunha nova adaptación do texto normativo que poida dar resposta ás novas problemáticas sociais, e solucións máis axeitadas ás diferentes demandas das persoas e familias.

As modificacións aprobadas co voto unánime de todos os membros da Corporación Municipal son: No artigo 2. Criterios Xerais. Requisitos Específicos. No apartado 2, redúcese a esixencia de antelación mínima de residencia no Concello de Mos a 3 meses, en lugar de 6 meses.

Suprímese o apartado 4, “Estar ao corrente das obrigas tributarias co Concello de Mos. No caso contrario solicitude de fraccionamento de débeda cuxo cumprimento será tido en conta para a concesión de futuras prestacións de igual natureza”.

No punto 6, substitúese o importe do IPREM polo do SMI como referente para ter en conta o límite de ingresos computables, quedando redactado do seguinte xeito: Que a unidade familiar non supere o límite de acumulación de recursos: Un membro 80 % do salario mínimo interprofesional (SMI), con dous membros engádeselle ao anterior un 15 % do SMI e así sucesivamente con cada membro a maiores.

Modifícase o artigo 3 relativo aos ingresos computables para facilitar o acceso ás axudas aos colectivos mais vulnerables: Considéranse ingresos da unidade familiar, os rendementos de traballo netos ou calquera prestación/pensión periódica líquida dos tres últimos meses, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, os rendementos de bens inmobles e o capital. Dos ingresos anteriores deduciranse os gastos derivados do alugueiro ou crédito hipotecario de amortización da vivenda ata un máximo de 500 € ao mes, e ademais deduciranse os copagos dos servizos ou libranzas establecidos na resolución do programa individual de atención (PIA) do sistema de dependencia.

No caso de contas bancarias serán computables os ingresos a partir de 1.000 €, os cales se dividirán entre 12 para calcular a parte proporcional mensual.

Non se computarán como ingresos, os de carácter finalista para formación regrada, a prestación familiar por fillo a cargo do INSS para menores de 18 anos, o complemento de axuda á infancia e as libranzas do sistema de dependencia.

No artigo 10, engádese unha referencia ao inicio do cómputo do prazo de penalización nos casos de incumprimento da obriga de xustificación.

No artigo 12 relativo a presentación de solicitudes e documentación a achegar, inclúese entre a documentación a presentar a achega, no seu caso, da resolución de PIA de dependencia, para acreditar o importe da libranza a deducir ou a non ter en conta como ingresos computables. Certificado de discapacidade e/ou resolución de PIA dependencia, no seu caso.

Así mesmo, elimínase a obriga, por parte do Concello, de comprobar de oficio os datos relativos ás débedas “(…) incorporando ao expediente a seguinte documentación: -Xustificantes de débedas coa facenda local…”, que deixa de ser necesaria en razón da natureza de prestación asistencial que lles confire a estas axudas a nova redacción da Lei de Subvencións de Galicia.

Finalmente, todas as referencias ao termo “subvención” e “subvencional” substitúense polo de “axuda” ou “asistencial” debido á antedita modificación, que cualifica as axudas de emerxencia social como prestacións de carácter asistencial.

O multiusos da Xunqueita acolle o programa “Redondela Xove”

0

O Concello de Redondela abriu un novo espazo dedicado á mocidade localizado nunha das zonas máis utilizadas  polos máis novos no Multiusos da Xunqueira. O espazo servirá para a xuntanza libre, pero tamén para a organización de obradoiros de balde por parte do Concello.

“Ata a chegada do Goberno socialista ao Concello de Redondela, os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 18 anos, foron os grandes esquecidos. Ademais de ofrecer actividades enfocadas á mocidade, tamén queremos ofrecerlles un espazo novo para a súa vida social. Alí poderán xuntarse de forma libre ou participar nas actividades que iremos anunciando ao longo dos próximos meses”, afirmou hoxe a alcaldesa Digna Rivas na presentación das primeiras actividades do Verán 2023 que se desenvolven dentro do programa «Redondela Xove».

A primeira das actividades do programa comezou o 28 de abril e trátase dun Obradoiro de mural inspirado no Grafiti que continua o 5 de maio, en horario de 19h a 21h. A actividade, totalmente de balde, acolleu a unha vintena de mozos e mozas. “Durante a actividade os e as participantes puideron traballar nun mural coa artista redondelá Paula Amoedo que decorará o novo espazo dedicado á xuventude no Multiusos da Xunqueira. Esta é unha forma de ofrecerlles a sala permitíndolles participar na súa mellora de forma activa, para que sintan que é deles e delas e formen un recordo que dará inicio a moitos momentos de lecer e cultura no lugar sinalado”, explicaba Rivas.

O obradoiro de Fotografía Analóxica comezou o sábado 29 de abril e continuará o sábado 6 de maio de 19:00 a 21:00 horas. Neste caso o obradoiro tamén é de balde e, aínda que xa comezo, ten algunha praza dispoñible. Este obradoiro estará impartido por Noemi Parga Iglesias fotógrafa viguesa e docente da escola Aula D de deseño en Vigo.

Os obradoiros precisan de inscrición previa no Multiusos da Xunqueira, de forma presencial ou chamando ao 986 40 28 65.

A alcaldesa redondelá asegurou que “ao longo do verán, «Redondela Xove» terá máis sorpresas”.

Baiona revitalizará o casco histórico

0

O Ministerio de Industria e Turismo e a Fegamp comunicaron ao Concello de Baiona que se aprobou o proyecto municipal ‘Preservar o pasado, protexer o futuro: Baiona, patrimonio sostible’, dentro da convocatoria 2023 dos PSTD para ‘Cidades con Identidade Turística’.

Baiona recibe 2,1 millóns de euros de fondos Next Generation da UE para esta actuación, que se unen aos dous millóns de euros obtidos o ano pasado para humanizar Santa Liberata. O concello terá polo tanto máis de 4 millóns de euros para esa zona da vila.

‘Preservar o pasado, protexer o futuro: Baiona, patrimonio sostible’ é o nome do proxecto “para revitalizar o casco histórico, poñer en valor o seu patrimonio, dixitalizalo e mellorar os seus servizos”, explica o alcalde, Carlos Gómez Prado.

“Con este PSTD, impulsaremos o turismo sostible facendo do noso casco histórico un espazo máis amable e seguro, con máis protagonismo para os peóns e mellorando a calidade de vida dos residentes”, asegura.

“Doutra banda, dotaremos ao centro histórico de máis servizos relacionados coa dixitalización e a eficiencia enerxética para achegarlle valor engadido; en definitiva, coas intervencións pretendemos un turismo plenamente sostible con tendencia á desestacionalización e potenciar o conxunto histórico artístico de Baiona, mellorando a peonalización, controlando os accesos a vehículos e fomentando a súa dinamización, tanto social como económica e comercial”, engade Gómez Prado.

Áreas do proxecto

  1. Transición verde e sostible: inclúe a reforma e reurbanización de diferentes prazas do casco histórico; a posta en valor da rúa do Conde (trazado do Camiño de Santiago), a restauración da contorna da Santísima Trinidade, e melloras na rede de saneamento e recollida de augas (Conde, Ventura Misa, Xogo da Bola, Lorenzo de la Carrera, Do Reloxo, Diego de Carmona, San Lorenzo, San Xoán, Manuel Valverde e rúa Iglesia).
  2. Eficiencia enerxética: tarefas de rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética en varios edificios do casco, unha actuación no camiño do Cochiño, e accións para impulsar a peonalización e a camiñabilidade de varias rúas.
  3. Transición dixital: despliegue da fibra óptica, introducción de sensórica (control dixital de accesos ao casco), despliegue de redes wifi municipais, e dixitalización de recursos patrimoniais e culturais.
  4. Competitividade: recuperación do comercio tradicional, artesanía e producto de proximidade; soterramento do cableado aéreo; mellora da accesibilidade coa eliminación de barreiras arquitectónicas (Porta da Villa, Barrio da Laxe, Santísima Trinidade); eliminación de grafitis, e campañas de sensibilización sobre turismo sostible para residentes e visitantes.

Mondariz programa numerosas actividades culturais neste mes da lingua

0

Un ano máis, o Concello de Mondariz celebra o “mes da lingua” cunha extensa e variada programación de actividades socioculturais que poñen o foco na lingua e na cultura do noso país. Desde a concellería de Cultura e Igualdade que encabeza Anxos Carballo reivindícase a calidade sobre a cantidade, mais este mes de maio destaca en ambos sentidos.

Presentación de filmes galegos

A promoción do cinema, especialmente de produción galega, é xa un sinal de identidade da política cultural desenvolvida polo actual Goberno municipal. Polo auditorio municipal de Mondariz teñen pasado nos últimos catro anos cineastas galegos como Óliver Laxe, Paula Cons e Ignacio Vilar, entre outros, para presentar os seus filmes e conversar co público. Este mes de maio agárdase a visita de Ángeles Huerta e Álvaro Gago. Huerta, directora asturiana afincada en Galicia, presentará este venres 5 de maio o seu filme “O corpo aberto”, mentres que Gago, natural de Vigo, traerá “Matria” o sábado 20 de maio. Ambas proxeccións comezarán ás 21:00 horas no auditorio municipal de Mondariz, e rematarán con coloquios entre director e público. 

Espectáculos teatrais e musicais

Como en meses anteriores, o teatro volve estar presente na programación cultural do Concello de Mondariz. A compañía Talía Teatro presentará o espectáculo familiar “Lambetadas” este domingo 7 de maio ás 18:30 horas e representará a obra “Pelos na lingua” o 16 de maio ás 21:30 horas, ambas no auditorio municipal de Mondariz.

Outros dos espectáculos programados para este mes xirarán arredor de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. O 17 de maio, ás 18:00 horas, Trémola Teatro deleitará ás máis cativas co contacontos “Unha nova galaxia” na biblioteca municipal de Mondariz. O 19 de maio, ás 20:00 horas, este mesmo escenario acollerá a charla “Francisco Fernández del Riego e Mondariz”, a cargo de Malores Villanueva, autora do libro “Francisco Fernández del Riego. Un loitador pola idea de Galicia” (Galaxia, 2022). 

O 21 de maio, ás 19:00 horas, Raquel Queizás ofrecerá o espectáculo de narración oral “Romaría”, que recolle lendas tradicionais galegas que achegan o mundo rural aos máis pequenos.

Para o mesmo Día das Letras Galegas (17 de maio) tamén está programado un concerto de Voces de Arrieiro no auditorio municipal de Mondariz a partir das 20:00 horas. A programación musical completarase o 27 de maio, a partir das 20:00 horas, co Festival de Cantos Populares que organiza a Asociación de Maiores de Mondariz, co apoio do Concello de Mondariz.

Actividades arredor da lingua e da memoria histórica

No “mes da lingua” tamén están programadas actividades relacionadas coa memoria histórica. O 12 de maio, Beatriz Busto dará unha charla titulada “A Galicia en NO-DO. Arquitectura da subalteridade cultural”, que está incluída no programa O Pasado por Vir da Deputación de Pontevedra. Beatriz Busto é investigadora e profesora asociada de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago de Compostela. En 2016 defendeu a súa tese doutoral “La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)”, relacionada coa charla que ofrecerá na biblioteca municipal de Mondariz. O 13 de maio, nestas mesmas instalacións municipais, presentarase “O libro negro da lingua galega” (Xerais, 2022), de Carlos Callón, que se presenta como unha crónica de cincocentos anos de represión e silenciamento da lingua galega.

A Mostra de Produtos de Covelo suma novos postos

0

A Mostra de Produtos de Covelo sigue medrando e suma novos postos. Como cada primeiro sábado de mes a praza Mestre Cerviño ateigarase de produtos de proximidade, artesanía, segunda man, música, gastronomía e actuacións para recibir ás e aos visitantes a partir das 10 da mañá.

Cosmética natural, xoiaría, maquetería, textil, moda, cestaría, panadaría, horta eco, caracois de terra, cerámica polimérica, artesanía, madeira, tambores chamánicos, queixos, caracois de mar xoias con cortiza e aceiro, tattoos de henna, prata, prantas e moito máis por descubrir para as persoas que se acheguen a Covelo antes das 14 horas.

O posto de polbo non faltará e tampouco as actuacións. Este sábado a partir das 12:30 horas o paiaso Popín porá a nota de humor.

Estudantes do IES de Mos visitan a potabilizadora de auga dos Valos

0

Un grupo de estudantes de 3º curso de ESO do IES de Mos vén de visitar as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) localizada no Valos para coñecer de primeira man a función de potabilización deste recurso que nela se fai.

Nos últimos anos, o Consorcio de Augas do Louro deu un paso no seu labor divulgativo autorizando visitas ás súas instalacións, tanto a estudantes, colectivos, entidades como á cidadanía en xeral, con visitas guiadas nas que profesionais explican os distintos procesos polos que pasa a auga. Así, ademais de visitas á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, onde fai pouco tempo se celebrou incluso unha xornada de portas abertas, tamén se organizan a outra das súas estacións, neste caso á potabilizadora situadas nos Valos, en Mos.

Os últimos en facelo foron 29 estudantes acompañados de dous docentes. Durante o percorrido pola estación coñeceron como chega a auga dende o Encoro de Eiras, se potabiliza facéndoa pasar por filtros de area e se lle engade o cloro e outros reactivos que a fan apta para consumo humano, garantindo as condicións sanitarias necesarias. Auga que, unha vez potable, serve para abastecer non só ao municipio de Mos, senón tamén ao do Porriño e Salceda de Caselas.

O presidente do Consorcio, Alejandro Lorenzo, lembra que se elaborou un protocolo específico para autorizar as visitas a esta ETAP dos Valos, ao igual que á EDAR de Guillarei, e calquera entidade pode solicitalas, de xeito gratuíto, a través da propia páxina web do consorcio (consorciodolouro.es) ou enviado un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Raquel Queizás presenta mañá en Tui un contacontos

0

A Biblioteca Municipal de Tui acolle mañá mércores, 3 de maio, ás 18 h unha actividade de contacontos a cargo de Raquel Queizás co seu espectáculo “O eco das pedras”. Esta actividade combina narración oral con manipulación de obxectos, monicreques e proxeccións. Está dirixida a público familiar e a nenas e nenos a partir de cinco anos.

Raquel Queizás explicaba coma os contos forman parte da súa vida tanto persoal coma profesional, quizais polos contos que lle contaba a súa avoa, ou porque a nena que leva dentro segue a soñar con ese mundo de fantasía. Dende hai vinte anos está inmersa no mundo dos contos e do teatro.

O espectáculo que mañá presenta na biblioteca tudenses “O eco das pedras trata das lendas que nos fan pobo, das pedras que en Galicia están vivas, que agochan tesouros, nas que viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes… Tamén das pedras sobre as que descubrimos misteriosos petróglifos, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, ao alén.

A concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, lembra que esta actividade forma parte do amplo programa denominado “Tui en letras” que dende abril e até xuño ofrece catorce actividades de dinamización cultural e de promoción da lingua galega na nosa cidade, e que conta co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.

Os nenos de Ponteareas reivindican o galego

Máis de 1.400 nenos de educación infantil, primaria e secundaria de centros de ensino de Ponteareas, O Porriño, Tui e As Neves percorrerán a vila do Tea ao abeiro do Correlingua, unha iniciativa de concienciación, promoción e normalización da lingua galega nas aulas organizada pola CIG Ensino, Asociación Sociopedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística en colaboración coas concellarías de Ensino e Lingua do Concello de Ponteareas e coas Deputacións de Pontevedra, da Coruña e Lugo.

“Para nós é un orgullo acoller un ano máis este acto e animar a todos os nenos a amar o galego da mesma maneira que amamos todas as linguas e a súa riqueza. Porque queremos un galego que se fale en todos os ámbitos da nosa vida e chegue a todos os recunchos do mundo”, salienta a alcaldesa e responsábel de Ensino, Cristina Fernández. Para a rexedora “

O Correlingua chegará este mércores 3 de maio ao parque da Feira Vella e percorrerá varias rúas do centro baixo o lema “Na casa, na escola bota, a lingua fóra”, unha xornada reivindicativa na que rapaces e rapazas poderán gozar de actividades de lecer nas que empoderar a lingua galega. “Xornadas coma esta son moi necesarias para que a cativada e a mocidade coñeza o valor de contar cunha lingua propia”, como explica o concelleiro de Lingua, Fernando Groba. A festa do Correlingua en Ponteareas será presentada por Fran Rey e o alumnado participante poderá desfrutar da música de Mekánika Rolling Band, un dos grupos gañadores do Cantalingua.

A Deputación inicia a execución de cunetas transitables na estrada Ramallosa-Parada

A Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras de instalación de cunetas transitables na EP2106  Ramallosa-Parada, no municipio de Nigrán, actuacións derivadas do Acordo Marco para dotar destes elementos de seguridade ás estradas da rede provincial naqueles puntos nos que resulta imposible realizar sendas ou plataformas únicas por dificultades técnicas. A través deste acordo dividiuse a provincia en tres zonas (norte, centro e sur) e nestes momentos estase actuar na zona sur, á que corresponde a citada estrada. Unha vez rematada a instalación das cunetas neste viario continuarase coa execución das seguintes na EP3002 Acceso a Malvas (Tui) e, posteriormente, en estradas provinciais do Porriño.

As actuacións adxudicadas na provincia na primeira fase deste Acordo Marco tiveron en conta as prioridades dos concellos e, deste xeito, vaise actuar nos vindeiros meses nun total de 77 estradas provinciais en medio cento de concellos, cun investimento de 1,9 millóns de euros. A instalación destas cunetas supón unha aposta pola seguridade viaria e por potenciar que as persoas poidan transitar polas beiras dos viarios provinciais con total seguridade naqueles tramos nos que os muros, as vivendas ou as circunstancias orográficas impiden ampliar a plataforma.

No que se refire á zona sur da provincia, investiranse 595.972€ en 19 estradas provinciais que discorren amais de Nigrán e Tui, por Baiona, Gondomar, O Porriño, Salceda, Mos, Tomiño, Oia, O Rosal, Ponteareas, As Neves, Mondariz, A Cañiza, Covelo, Arbo e Crecente. As obras que se realizarán consistirán na execución de cunetas de seguridade, a colocación de tubaxes para drenaxe dos viarios, execución de arquetas e recrecido de pozos. Na zona centro, o investimento ascende a 738.228€ e instalaranse cunetas en 38 estradas provinciais que transcorren por Barro, Caldas, Pontevedra, Ponte Caldelas, A Lama, Cerdedo-Cotobade, Poio, Cangas, Moaña, Marín, Bueu, Redondela, Moraña, Campo Lameiro, Cuntis, Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Ribadumia, Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Por outra banda, na zona norte executaranse estas melloras por 665.125€ en 20 estradas ao seu paso por Lalín, Dozón, Rodeiro, Agolada, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Caldas, Cuntis, Valga e Catoira. As cunetas teñen anchos de entre un e dous metros e pola súa escasa pendente permiten camiñar por enriba delas con total normalidade polo que, na práctica, habilitan itinerarios peonís cómodos e seguros. Con estas actuacións, estanse substituíndo paulatinamente as vellas cunetas, moi profundas e ademais pouco funcionais pola súa tendencia a cegarse, por este tipo de elementos  transitables, nos que a drenaxe lonxitudinal das estradas combínase coa habilitación dun espazo adicional para o paso de peóns e ciclistas. Cando é necesario tamén se instalan tubaxes de drenaxe debaixo destas estruturas para garantir a correcta absorción das augas pluviais.

Redondela recupera a tradición dos Maios

0

A alameda de Castelao acolleu, onte 1 de maio, a Festa dos Maios que revive o seu maior esplendor despois dunha boa acollida o ano pasado e varios anos de parón pola pandemia. Este ano participaron 29 agrupacións, superando os 19 do ano pasado e os tan só 10 de 2015. Conos e cruceiros, enmarcados na categoría de maio tradicional, compartiron escenario con estruturas máis variadas e sorprendentes na categoría de maio artístico.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou a súa satisfacción “polo interese e participación deste ano que decaera en anos anteriores e que volve con moita forza.  A Festa dos Maios permite que a veciñanza de Redondela goce na rúa dun momento social moi importante para o municipio. Con case unha trintena de agrupacións demostramos que Redondela é un referente en tradicións, patrimonio e cultura popular”.

O Concello, que destina unha axuda de 100 € a cada maio que se presente ao Concurso, outorgou tamén un total de 12 premios repartidos a razón de 3 en cada unha das categorías: Premio ás coplas, Premio á interpretación, Premio ao maio tradicional, e Premio ao maio artístico. Todos eles tiveron as mesmas contías económicas cun un primeiro premio dotado con 300 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro premio de 200 euros.

A Festa dos Maios é coñecida polos mensaxes nas letras das coplas, a retranca e a denuncia social. Este ano os temas máis repetidos dentro das coplas foron: os ventres de aluguer pola polémica xerada por Ana Obregón, o fin da guerra de ucraína e a suba dos prezos pola inflación. Tamén houbo momento para a crítica política por achegarse as eleccións do 28 de maio.

O terceiro premio dado a Coplas foi para “Maio as Floreciñas”, o segundo para “Maio que Cristo” da Asociación Cultural e Recreativa de Quintela e o primeiro para “Case non chegamos”. En canto aos premios por interpretación, o terceiro posto foi para “Maio Camiñando vou” da Asociación Cultural e Recreativa de Quintela, o segundo para “Maio Ramallada” e o primeiro para “Maio o Carballo 2023” da Asociación O Carballo das Cenpolas (Reboreda).

Un dos premios máis populares é o premio a Maio Artístico que este ano foi para “A lenda da Coca” da Asociación Arela de Saxamonde , esta agrupación destacou por levar unha estrutura mecánica que representaba a un danzante matando ao monstruo redondelá coñecido como Coca e facendo que esta botara “fume” pola boca. O segundo premio artístico levouno “Esta noite Muiñada” da Anpa  do CEIP de Cedeira e o terceiro “Os Miudos de Sanmar”da Asociación A Miñoteira (Ventosela).

O premio a mellor Maio Tradicional foi para “ai que cono” da Asociación de Mulleres de Arela. O segundo posto de maio tradicional levouno “O cono de Quintela” da Asociación Cultural e Recreativa de Quintela e o terceiro “Case non Chegamos”.

O V Trail Orixes Mondariz remata o prazo de inscrición con número récord de participantes

0

O Trail Orixes Mondariz, organizado pola Asociación Deportiva Mondariz e o Concello de Mondariz, rexistrou na súa quinta edición un número récord de 748 inscricións nas diversas categorías. Este sábado 6 de maio, Mondariz e a súa contorna recibirán a persoas chegadas de diferentes lugares de Galicia, España, Portugal e mesmo de Francia para participar nesta carreira de montaña iniciada no ano 2017 pola Asociación Deportiva Mondariz. Trátase dun aumento considerable de participación respecto das primeiras edicións, xa que en 2017 rexistráronse 281 inscricións, en 2018 unhas 367, e tanto en 2019 como en 2022 arredor de 420. En 2020 e 2021, a delicada situación epidemiolóxica obrigou a suspender as edicións deses anos, poñendo en risco o desenvolvemento desta actividade sociodeportiva de gran valor para a dinamización turística da localidade. Os resultados deste V Trail Orixes Mondariz en número de inscricións, polo tanto, supoñen a superación das incertezas derivadas da pandemia e a consolidación definitiva desta carreira de montaña.

O ano pasado, o Trail Orixes Mondariz xa introduxo a exixente categoría de Ultra, de 60km, que repite nesta quinta edición con 61 corredores/as inscritos/as. A esta súmanse as tradicionais categorías de Maratón (40km), con 87 inscritos/as, Trail (26km) e Minitrail (14km), que esgotaron hai semanas as súas 150 e 200 prazas, respectivamente. As novidades deste ano son as carreiras agrupadas na categoría de Pequetrail, pensadas para nenos/as de 3 a 13 anos e nas que participarán 63 cativos/as, e a Andaina (16km), que está concebida como unha proba non competitiva para promover a actividade sociodeportiva no territorio e contará o sábado con 75 participantes. Tras esgotarse as prazas do Trail e o Minitrail, a organización habilitou na plataforma de inscrición unha lista de agarda para casos de renuncias de último momento que acumula 28 persoas no Trail e 51 no Minitrail.

“Non podemos pedir máis. Estamos moi contentos. Nas longas distancias é difícil completar as prazas, pero en Maratón logramos un número de inscritos/as moi alto. Isto foi posible grazas ás persoas voluntarias, así como aos grandes e pequenos colaboradores e patrocinadores desta carreira. Do Concello de Mondariz tivemos o mellor apoio posible, tanto económico como persoal. Sempre están dispostos a todo”, expresa Sebas Lourenzo, da Asociación Deportiva Mondariz.

O percorrido volverá ser circular, con saída e chegada na praza de España de Mondariz a partir das 8:00 horas do sábado 6 de maio, dependendo da categoría. Discorrerá por Riofrío, Aboal, Festín, Gargamala, Caxil, Vidueiros, Foxo do Lobo de Estacas, Lago de Piñeiro, Caxil (Mosteiro de San Xoán), Sabaxáns, Cernadela e Mondariz, con diversos controis que están especificados nas bases de participación. O venres 5 de maio convocarase ás persoas participantes a unha charla técnica.

“O Concello de Mondariz ten enormes atractivos naturais que debemos poñer en valor. O Trail Orixes e as outras actividades que se promoven desde a Asociación Deportiva Mondariz fomentan un turismo de natureza moi beneficioso para o desenvolvemento económico da localidade”, afirma Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

Nos meses de setembro e outubro soen celebrarse na localidade outros eventos que xa figuran na axenda de moitas persoas afeccionadas ao deporte de natureza, como a Carreira Popular de Mondariz e a marcha de BTT “Montes de Mondariz”, igualmente promovidas pola Asociación Deportiva Mondariz e organizadas polo Concello de Mondariz.

Nova saída do grupo de voluntariado de limpeza da natureza do Rosal

0

O Rosal organiza esta fin de semana unha nova saída do seu grupo de voluntariado de limpeza da natureza, un encontro que “un impacto moi positivo no noso concello grazas ao seu labor e que nos permite ao mesmo tempo fomentar a concienciación e participación activa da veciñanza no coidado do noso medio ambiente e dos espazos naturais nos que se goza de tempo de lecer”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

A actividade desenvolverase o vindeiro domingo 7 de maio a partir das 10.00 horas. Nesta ocasión o punto de encontro será As Eiras, no aparcamento fronte ao Chapiñas. As persoas participantes irán recollendo o diferente lixo que se vaia atopando na contorna, polo que se recomenda ás e aos participantes que leven luvas, aínda que a organización levará bolsas e tamén luvas por se alguén as precisa.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse chamando ao Concello ao 986 62 50 00 ou enviando un correo electrónico a [email protected] especificando nome, apelidos, documento de identidade e número de teléfono de contacto, así como nome e apelidos das persoas que se inscriban baixo a súa responsabilidade. Todas as persoas inscritas contarán cun seguro de participación na actividade. Aquelas persoas que non se inscriban e queiran formar parte desta saída poderán facelo pero baixo a súa responsabilidade.

A data límite de inscrición é o mércores 3 de maio.

Movemento Salceda presenta a súa candidatura para facer posible a segunda transformación da vila

Cun auditorio ateigado de veciños de Salceda de Caselas, que non deixou butacas baleiras nin no patio nin no anfiteatro, Movemento Salceda presentou a súa lista electoral para as eleccións de 28 de maio, na que se incorporan en postos relevantes persoas mozas, moi preparadas “cunha renovación total do 40 %, o 50 % nos dez primeiros postos, cunha media de idade de 41 anos”, según destacou nun dos momentos do acto a candidata a alcaldesa, Loli Castiñeira.

No acto, no que falaron as sete primeiras persoas da lista, o número 2, Alex Rodríguez, advertiu que as únicas dúas posibilidades que existen é que goberne o PP ou Movemento Salceda, e criticou as ideas esgotadas do partido de Feijóo.

A intervención máis longa foi a da candidata a alcaldesa que non dubidou en cualificar a candidatura como “o mellor equipo para Salceda, e o digo con humildade e con respecto para as demais candidaturas, e o mellor equipo porque ofrece presente e ofrece futuro”. Castiñeira engadiu que para ela é un orgullo contar con esas persoas a súa beira, todas “sumamente importantes, dende o número 23 ao número 2”, e destacou que o equipo “representa perfectamente a nosa vila”.

A candidata de MS engadíu que a candidatura ven disposta a traballar “con formación, coñecemento da xestión, e imos porlle un pouco de cabeza á xestión pública pero sobre todo moito, moito corazón, para lograr a segunda transformación de Salceda”

Ademais Castiñeira aproveitou para falar das primeiras medidas nas que traballar. Un plan de saneamento integral do municipio, conseguindo fondos para poder levalo a cabo, un plan de transporte público municipal ecolóxico, a segunda Galiña Azul, a Casa da Mocidade, ampliación do Pavillón, mellora de instalacións deportivas, mellora da mobilidade e retomar o PXOM de 2016 e convertilo nun documento ambicioso, adaptado á nova lei do chan.

Noutro momento, Castiñeira deulle paso as persoas que formarán parte do seu goberno asignando as áreas de traballo. Así presentou a Carlos Piñeiro, de 25 anos (número 7 na lista) estudante de Ciencias da actividade física e do deporte e adestrador na Escola Denis Suárez, como futuro concelleiro de deportes; a Rosana Martínez, de 28 anos, graduada en administración e dirección de empresas e número 6 na lista, como futura concelleira de asociacionismo; Nato Álvarez, de 70 anos, técnico en telecomunicacións (número 5 da lista) como futuro concelleiro de Saneamento; Marcos Troncoso, de 35 anos, licenciado en ciencias ambientais e número 4 da lista, como futuro concelleiro de Axenda Ecolóxica; Selene González, 29 anos, graduada en socioloxía e tamén en Educación social (número 3 da lista), como futura concelleira de Benestar, Servicios Sociais e Ensino e a Alex Rodríguez, actual concelleiro de Cultura, (número 2 da lista) e que desempeñara esta e outras funcións no futuro goberno.

O acto comezou coa proxección dun vídeo onde participaron as 23 persoas da candidatura que pecha o actual concelleiro de servizos, Miguel González; a exconcelleira de Cultura Tere Pérez e o ex alcalde, Marcos Besada.

A candidata, Loli Castiñeira, quixo agradecer a gran asistencia de veciños de Salceda “sin políticos de fora nin extras de outros concellos”.

SmartPeme ofrece esta semana catro obradoiros

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta primeira semana de maio catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As accións centraranse en asuntos como a fabricación dixital, o debuxo 3D, solucións de comercio electrónico e tamén no márketing sostible.

Hoxe martes 2 ás 11:00 horas terá lugar o obradoiro “Introdución á fabricación dixital” para dar a coñecer e familiarizarse coas tecnoloxías implicadas nun proceso de fabricación dixital, non só a nivel teórico, senón cun contacto real coa tecnoloxía. As persoas interesadas poderán experimentar con elas, co obxectivo de que sexan capaces de deseñar cadansúa peza en 3D e fabricalas no Depo Fab Lab situado no Centro Provincial de Economía Dixital (Viveiro de Empresas de Barro). Con esta sesión iníciase un novo curso de fabricación dixital que constará dun total de 50 horas de formación mixta (presencial e telemática) e cun máximo de 14 prazas. As persoas que completen os requisitos recibirán un certificado de asistencia onde constarán as horas e o temario recibidos.

O mércores ás 12:00 horas, celebrarase o obradoiro “Márketing sostible”, no que aprenderán o concepto, boas prácticas e casos de éxito na materia. As persoas consumidoras de hoxe senten que as cuestións éticas son cada vez máis importantes e apoian firmemente as empresas que incorporan valores na súa actividade. O obradoiro analizará de preto a sostibilidade no desenvolvemento dos negocios e na aplicación ao márketing, para aprender como pode axudalas a ter éxito. En horario de tarde, SmartPeme organiza “Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet”. Trátase da segunda sesión desta acción, na que as persoas autónomas e emprendedoras aprenden a empregar este plugin de tenda en liña para WordPress. A acción inclúe a instalación, a explicación das características, pasarelas e formas de pago, a creación de catálogos e a xestión de pedidos.

Por último, o xoves ás 11:00 horas celebrarase unha sesión de “Debuxo 3D con Onshape I – PartStudio I”, unha das sesións enmarcadas no curso de fabricación dixital que se inicia o martes.

Para consultar máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao sitio web de SmartPeme.

O tapeo de “Degusta Europa” chega á praza de abastos de Baiona o mércores

0

A Praza de Abastos de Baiona acollerá este mércores a presentación da cuarta edición do programa Degusta Europa, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Esta iniciativa gastronómica, que permite levar a vangarda e a innovación na cociña aos mercados de abastos, celebrarase desde as 11:00 horas e ofrecerá tapas gratuítas a todos os asistentes.

Máis aló do tapeo gratis, a iniciativa pretende promover e impulsar os mercados, potenciando a enogastronomía e outorgándolles un toque de innovación grazas aos produtos de excelencia e proximidade.

No caso de Baiona, serán os alumnos do CIFP Manuel Antonio os que traballen con produtos das nosas rías e das nosas terras para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea. O obxectivo de “Degusta Europa” é “consegue ligar produtos do mar e da terra e empregar produtos da nosa costa ou do noso interior que cada vez teñen máis demanda, como é o caso das mazás”.

Esther Sestelo Longueira enxalza o Corpus e as alfombras florais de Ponteareas no seu novo libro

O Corpus Christi de Ponteareas segue estando moi presente na literatura. A musicóloga e historiadora Esther Sestelo Longueira, pregoeira do Corpus o pasado ano, presentará na vila o seu novo libro, unha novela de literatura infantil e xuvenil na que a autora a través da súa personaxe principal, Clara, divulga e enxalza a festividade do Corpus Christi de Ponteareas e as súas alfombras florais.

Trátase dunha edición bilingüe castelán-galego, Clara y su diario, en una experiencia maravillosa / Clara e o seu diario, nunha experiencia marabillosa que a autora presentará o vindeiro domingo 7 de maio ás 12.45 horas na sala multiúsos do auditorio municipal nun acto de balde aberto a toda a veciñanza.

O libro, publicado pola editorial Belagua, é a cuarta aventura da serie ‘Clara e o seu diario’, a través dos que a protagonista volve contar historias a través do seu diario falado. Nesta ocasión a escritora sorprende o público cunha aventura única e marabillosa na que Clara viaxa de novo a Galicia “para vivir intensamente unha festividade moi relevante. Unha fin de semana inesquecíbel, plena de cor e xenerosidade, que marcará a personalidade e sensibilidade da protagonista”.

Ademais de escritora, Esther Sestelo Longueira é doutora, musicóloga e historiadora en Ciencias da Música, catedrática de conservatorio, profesora de universidade e académica. Sestelo cede os dereitos de autoría deste libro para colaborar coas necesidades escolares e culturais das nenas e nenos de Ponteareas.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, convida a toda a veciñanza a arroupar na presentación da súa nova obra a Esther Sestelo, “una muller que é exemplo de solidariedade e compromiso e que nunca esquece as súas orixes. A súa traxectoria está fortemente ligada á música que, xunto ás alfombras do Corpus, é un dos sinais de identidade de Ponteareas no mundo”.

Nigrán amplía as prazas do campamento de verán, que abre as inscricións mañá

0

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2023’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Un ano máis o Concello aumenta as prazas con respecto ao ano anterior, pasando das 120 de 2021 ás 192 deste verán (o ano pasado foron 180). O obxectivo deste incremento é dar cabida a todas as familias solicitantes.

O campamento está destinado a nenos empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 26 de xuño ata o día 31 de xullo de luns a venres. O período de inscrición comeza o día 2 de maio e finaliza o día 9 de maio. O campamento desenvolverase no C.E.P.I. Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse na Oficina de Información e Atención Cidadá ou descargarse na páxina web http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-index.xhtml.

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: [email protected].

Os fondos Next Generation permitirán rehabilitar o conxunto histórico de Tui

0

O Concello de Tui recibirá 2 millóns de euros de fondos Next Generation para a execución do Plan de Sostibilidade Turística en Destino, PSTD, “Vive a historia, descobre Tui: conexión sostible entre patrimonio e natureza”. Así llo vén de comunicar a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia, ao pasar o corte para entrar dentro do financiamento do Plan Territorial de Vilas termais e Cascos Históricos de Galicia 2023”. 

O proxecto presentado inicialmente polo Concello de Tui ascendía a 3 millóns de euros, polo que antes do martes ás 12 h deberá remitir novamente o proxecto adaptando as actuación á subvención concedidas, un trámite no que se está xa traballando.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinala que se trata dun proxecto vinculado sobre toda á declaración de Tui coma Área Rexurbe e o Plan de Dinamización do conxunto histórico da cidade.

Por outra parte o Concello de Tui solicitou tamén, outro PSDT para a rehabilitación do Teatro Principal cun investimento de até 3 millóns de euros. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agarda que este outro proxecto reciba tamén a aprobación para poder acometer así a recuperación deste histórico inmoble situado na praza de Fromista, e para o que o Concello de Tui conta xa cun anteproxecto elaborado polo arquitecto César Portela.  Cómpre lembrar que para esta rehabilitación o Concello ten concedida xa unha axuda de 772 mil euros por parte do Ministerio de Transportes Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) ao abeiro do PIREP Local, pero o investimento necesario supera os 3 millóns de euros.

A III Carreira Revirando chega á Guarda o vindeiro 14 de maio

0

Esta semana, a Casa dos Alonso acolleu a presentación da III edición da Carreira Revirando A Guarda, acto que contou coa presenza do alcalde da vila, Antonio Lomba; da concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes; da deputada Provincial, Raquel Giráldez e de representantes da organización desta carreira e da Xunta de Galicia.

O vindeiro domingo día 14 de maio de 2023, A Guarda recibe novamente e por terceira vez á Carreira Revirando, un evento deportivo e solidario que contará ademais con actividades de basquet adaptado, xadrez, patios lúdicos, e sorteos de agasallos para todos os participantes.

Trátase dunha proba solidaria non competitiva que ten por obxectivo a convivencia festiva nun evento inclusivo onde coincidirán nenos e adultos. É a culminación ou produto final dun proxecto educativo en que o alumnado aborda a organización da mesma sempre desde un prisma de sensibilidade cara a discapacidade e complementado con outras actividades integradoras e solidarias en liña de meta.

O circuíto terá o seguinte trazado

  • Modalidade 1 – 3800 m (carreira ou andaina): Alameda, Manuel Álvarez, Circunvalación e volta a Alameda.
  • Modalidade 2 – 1000 m (carreira ou andaina) : Alameda, Manuel Álvarez e volta a Alameda.

As inscricións están abertas ata o 11 de maio a un prezo de 9€ para adultos e 4€ para menores de 16 anos a través do seguinte link: https://inscriu.me/es/revirando-a-guarda-iii

Nesta carreira colaboran San Xerome, Caixabank, ORPAGU, Suministros Navales Santa Tecla, Pescados Pérez Piñeiro, Prefabricados Estévez, Residencia Monte Tecla, Entrepot Naval, Electrónica Eutimio, Portalmatic, Confitería Rogelio, Your English Corner, Hotel El Molino, Cocnello da Guarda, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e a Agrupación Deportiva Deporte Escolar Val Miñor.

Baiona estrea novo parque infantil próximo ao CEIP Fontes Baíña

0

A chaira próxima ao CEIP Fontes Baíña estrea un novo parque infantil para o que o Concello de Baiona investiu 6.000 euros para a remodelación do espazo, que contiña elementos de xogo deteriorados.

Dotouse o espazo  con dous novos conxuntos modulares de madeira con varios tobogáns e diferentes elementos de xogo, unha randeeira convencional e un balancín.  Tamén se procedeu a renovación do pavimento e a mellora da accesibilidade deste espazo. Así mesmo, procedeuse o vallado da zona para evitar a entrada de animáis no reciento e para aumentar a seguridade do parque.

“Esta zona infantil de xogo e moi utilizada polo alumnado do CEIP Fontes Baíña xa que o espazo está o lado do centro municipal. Este tipo de intervencións son das máis demandadas polos nosos nenos e nenas e as súas familias, a posta a piques destas instalacións foi unha das prioridades marcadas polo consistorio baionés e que nos viñan demandando os veciños e veciñas”, destacou o alcalde, Carlos Gómez Prado.

O parque infantil está situado nunha bonita contorna de zona verde no que hai un merendeiro con mesas e árbores. Os nenos do colexio e todos os baioneses e baionesas poderán celebrar merendas á sombra das árbores e gozar dunha divertida xornada en contacto co medio ambiente e a natureza.

Arranxo doutra zona infantil de xogo en Fontes

O Concello tamén  levou a cabo traballos de mellora na zona infantil de xogo en Fontes na parroquia de Baíña, un traballo de posta a punto que garantir a reparación e pintado dos elementos.

Un empresa traballou na restauración de elementos homologados, desde o chan a mobiliario pasando pola pintura, nesta zona destinada a menores.

Os traballos realizados permitiron a posta a punto do chan desta zona infantil, conforme ás normas de seguridade previstas; pintado e reparación de unidades de xogos e doutros elementos para substituír a outros en mal estado.

Ponteareas abre as portas da súa aula CeMIT en maio ás novas tecnoloxías

A aula CeMIT de Ponteareas abre as súas portas durante o vindeiro mes de maio con unha ampla programación de cursos e actividades de balde para iniciar á veciñanza nas novas tecnoloxías e ir reducindo de forma paulatina a fenda dixital. O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, destaca a importancia desta iniciativa “para axudar a desenvolvera capacitación da nosa veciñanza e fomentar a inclusión dixital. A tecnoloxía é cada vez máis importante na nosa sociedade e é fundamental que todas e todos os ponteareáns teñan acceso a ela e saiban como empregala”.

As persoas interesadas en achegarse ao eido da informática poderán asistir ao curso que se impartirá martes e xoves dende o 2 ata o 25 de maio de 16.00 a 19.00 horas. Eses mesmos días tamén se impartirán clases para aprender a manexar o correo electrónico, unha ferramenta de comunicación laboral pero tamén persoal. O horario será de 19.00 a 21.00 horas.

Outra das propostas para este maio será un curso para manexar con soltura os teléfonos móbiles que se impartirá luns e mércores dende o día 3 ao 31 de 16.00 a 18.00 horas. Luns e mércores serán tamén os días nos que se leve a cabo o curso de procesador de textos, unha excelente oportunidade para adquirir as habilidades necesarias para crear e editar documentos, a aplicación de formatos ou o uso de imaxes, entre outros aspectos. As clases serán do 8 ao 24 de maio de 18.00 a 21.00 horas.

Ademais destas oportunidades de mergullarse nas novas tecnoloxías, a aula CeMIT terá a disposición dos e das usuarias titorizacións TICs, un servizo de apoio, reforzo e asesoramento ás actividades realizadas na aula, axudando a resolver dúbidas e orientando sobre o emprego das ferramentas dixitais. Será o luns 29 de maio de 18.00 a 21.00 horas e o martes 30 de 16.00 a 21.00 horas. A oferta completarase coa realización de exames presenciais para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA os días 3 e 31 de maio de 19.00 a 21.00 horas.

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que estará aberta ao público os venres de maio de 16.00 a 21.00 horas.

Vermú entre plantas con música en directo na Feira de Cultivos en Tomiño

0

A Feira de Cultivos do Baixo Miño continúa sumando novidades para celebrar un evento renovado no que os público poderá gozar de diferentes actividades de lecer, como sesións vermú entre plantas con música en directo. “É un orgullo ofrecer a profesionais, á veciñanza e ás persoas visitantes unha edición renovada e con máis sorpresas que nunca, con música, con obradoiros, actividades infantís, música e participantes de primeiro nivel que farán da Feira un evento atractivo e único”, destaca a alcaldesa, Sandra González.

O sábado 6 ás 13.30 horas o público poderá desfrutar na sesión vermú da música en directo de ‘Up to you’, Sabela Cereijo e Andrés Cunha, mentres que o domingo 7 a nota musical correrá a cargo do grupo Weli Kings, tamén ás 13.30 h.

Non serán os únicos concertos da Feira de Cultivos do Baixo Miño, xa que ao concerto de inicio de xira do artista Xosé Manuel Budiño súmase o sábado 6 ás 18.30 h o de ‘The Manueles’ ao abeiro do proxecto Música Nova da Eurocidade Cerveira-Tomiño, unha das iniciativas elixidas pola mocidade de ambos os dous concellos como unha das gañadoras do Orzamento Participativo Transfronteirizo 2023. A feira baixará o pano desta edición tamén co concerto de San Rockers ás 20.30 horas no escenario principal.

Pero a Feira de Cultivos do Baixo Miño non se entende sen a presenta estelar das plantas. Por este motivo, Concello e acuBam engadiron nesta nova edición unha ampla zona de venda de plantas na que o público poderá mercar produtos de calidade e de proximidade procedentes dos viveiros da comarca.

A zona de expositores e de venda complementarase co Mercado de Primavera, un espazo no que se darán cita diferentes postos nos que se combinarán bisutería e xoias, artesanía en pel, mel, xabóns, madeira, libros, xoguetes… Ademais, a organización anima a todo o público a pasar un momento divertido e agradable noutros esppazos como no bar, na zona de food trucks e nos establecementos hostaleiros de Goián. 

A XVIII Feira de Cultivos do Baixo Miño celébrase do 5 ao 7 de maio na renovada Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, un espazo ao aire libre que brindará un ambiente acolledor e único no que o público poderá desfrutar de morea de actividades para todos os públicos. A presidenta de acuBam, Mariví Álvarez, salienta a ilusión posta nesta nova edición da Feira, “cun programa atractivo que fortalece o evento e que permitirá ao público entreterse, aprender e descubrir os produtos que se producen na nosa comarca. Agardamos que se converta nun punto de encontro para todas aquelas persoas que aman a natureza, a agricultura e a horta”.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de maio

0

O vindeiro martes día 2 de maio de 2023 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de maio de 2023.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en maio ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o martes día 2 de maio de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00 a 14:00 houras ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 9 de maio e a recollida de documentos terá lugar o 15 de maio.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

A VII Carreira Nocturna Nigrán S4 bate récords de participación

0

Con Praia América coma espectacular fondo, tivo lugar a presentación da VII Carreira Nocturna Nigrán S4, prevista para o sábado 7 de maio no concello de Nigrán.

No acto estiveron presentes o director deportivo da proba, Serafín Martínez; o impulsor da carreira, Daniel Panteón, delegado de S4 no Val Miñor; o Ceo do Grupo S4 Corredoría de Seguros, Alfredo Blanco, así coma o alcalde de Nigrán, Juan González.

Daniel Panteón, lembraba o inicio de este evento no ano 2013, xa que “por esa época eu empezaba a correr e dinme conta de que en Nigrán, a miña vila, non había ningunha proba. Falei co Concello e déronme o seu total apoio. A partir da segunda edición e grazas a colaboración de Serafín, comezamos a crecer ata chegar a este 2023 no que esperamos bater récord de participación”.

O propio Serafín Martínez, lembraba o percorrido, con “ gran participación dos máis xóvenes”  e o atractivo que ten por “levarse a cabo nun circuíto tan bonito a beira de Praia América”. “Coma en anos anteriores, para os adultos, contaremos con 5 e 10 kilómetros”.

“O Grupo S4, é unha empresa galega, por iso queremos formar parte das actividades que se celebran na nosa Comunidade, salientaba Alfredo Blanco, Ceo, de S4, patrocinador privado dende hai dous anos.

“O deporte, os nenos, e as familias están sempre moi presentes nas accións que levamos a cabo, seguiremos a apostar por eles”, resaltaba.

O Grupo S4, xunto ca empresa local Dacss Surf, levarán a cabo un bautismo de surf para os nenos que o desexen, estando as prazas limitadas a 80.

O alcalde nigranés, Juan González, participante habitual nesta carreira, dicía que grazas a o traballo de todos, A Nocturna de Nigrán”, era xa “un referente nas carreiras populares”. Congratulábase da cantidade de xente que se achegaba a Nigrán, “ nunha data fora do calendario de verán, o que supón un orgullo”. Resaltaba, coma non, a paisaxe que se podía ver durante o percorrido. Finalizaba afirmando “o 7 de maio será unha data feliz, e iso é grazas a tanta xente implicada”.

Destacar a presenza de Teresa Portela, a piragüista de Cangas, embaixadora do Grupo S4, que, ademais de ser madriña do evento, interactuará durante a tarde cos máis pequenos.

A xornada deportiva dará comezo ás 20.30 horas coas distintas carreiras para os máis novos.

Xa ás 21.30 horas, será o turno para os adultos, con distancias de 5 e 10 km respectivamente. As inscricións estarán abertas ata a noite do mércores 3 de maio en www.nocturnanigrans4.com

O martes abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

0

O próximo martes, 2 de maio, abre o prazo de inscrición para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2023 que organiza o Concello de Tui. Este ano ofértanse catro quendas nos meses de xullo e agosto ofrecendo unha alternativa lúdica – deportiva – educativa aos nenos e ao tempo ofrecendo a pais, nais e titores unha alternativa para conciliar a vida familiar e laboral no período de vacacións escolares estivais. Incorpora amais a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, nos nenos e nenas que participen neles, en aras a acadar unha igualdade real e efectiva na sociedade do futuro.

O campamento vai dirixido a nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

A primeira quenda será do 3 ao 14 de xullo, a segunda do 17 ao 31 de xullo, a terceira do 1 ao 14 de agosto e a cuarta, do 16 ao 31 de agosto. O horario do campamento será de 09.00 a 14.00 horas, con opción de aula matinal dende as 07.45 horas e aula de sobremesa ata as 15.15 horas. O prezo será o mesmo que nos anos anteriores, 30,56€ por participante e quenda.

O modelo de solicitude, xunto coa documentación requirida, pode presentarse dende o martes 2 até o venres 12 de maio, a través da sede electrónica do Concello de Tui o de forma presencial no rexistro do Concello de Tui, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas.

O modelo de solicitude e as condicións xerais do Campamento de Verán Igual é + Tui 2023 pode descargarse da páxina web do Concello de Tui, www.tui.gal o recollela na secretaría do Concello de Tui.

Arrancan os motores da XXXVI Festa do Choco

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os representantes das asociacións e hostaleiros, que participan na XXXVI da Festa do Choco, presentaron as propostas e novidades deste ano nunha rolda de prensa na Praza do Concello.

“Trátase dunha edición especial, na que recuperamos o formato tradicional, coa instalación da Carpa de Degustación e promoción no campo da Feira, pero na que tamén queremos apostar polo  formato desenvolvido durante os anos de pandemia, nos que os establecementos hostaleiros convertéronse nos protagonistas”, explicaba a alcaldesa Digna Rivas durante a presentación ante a prensa da XXXVI Festa do Choco na Praza do Concello.

Esta edición conta cunha amplísima e variada programación cultural, na que o público poderá desfrutar de actuacións musicais, baile e actividades variadas, durante os catro días de celebración. “Por suposto, durante estas xornadas, o noso protagonista será o Choco de Redondela, o noso produto por excelencia, o mellor choco do mundo, capturada nas augas tranquilas da nosa Enseada de San Simón”, engadía Rivas. Redondela convértese no lugar perfecto para degustar as mellores receitas preparadas con mimo, pratos que queren mostrar a tradición e a innovación, onde non faltará a empanada de millo, o exquisito arroz con chocos ou os choquiños na súa tinta.

A rexedora local aproveitou a oportunidade para recordar a unha das figuras imprescindibles na consecución do éxito da festa, Juan Antón, José Barciela “Pucho”, falecido o pasado ano, un dos fundadores no ano 1987 da Festa do Choco da man doutros hostaleiros da Vila.

Entre os participantes desta edición atopamos na carpa a: VIGO E OS CATRO ELEMENTOS, RESTAURANTE O TRANQUILO, RESTAURANTE CASA CHANO, PANADERIA LUISA, LA CHARRUANA, PALADARQUESO e ANAQUEL GOUMERT.

Os participantes locais nas xornadas gastronómicas atópanse os bares e restaurantes: GASTRO BAR, ADEGA, ANTOLIN, CASA CONSEJO, CASA MUCHA, MERAKI, NOVO ROYALTY, OS AMIGOS, O XANTAR DE OTELO, CAFETERIA TAPERIA PATRI, RESTAURANTE LEMOS, PIZZERIA BOS AIRES e A COVA.

Igual que o ano anterior, a empresa local Eurored é a encargada de engalanar as rúas para a celebración. Digna Rivas destacou o traballo que, “neste cometido, está a desenvolver a empresa local Eurored” e agradeceu “aos seus propietarios e ao seu director a colaboración e axuda que nos adican cada ano que esperamos sexa unha relación que continúe moitos anos máis”. Eurored fornecerá e colocará, de balde para o concello, redes e demais apeos mariñeiros nas prazas da vila,

Para rematar, Digna Rivas quixo “agradecer a todas as persoas que fan posible esta festa. para este goberno é moi importante a colaboración con empresas locais, por ese motivo celebran a participación, un ano máis, da empresa Eurored e o desenvolvemento da actividade Redondela Mariñeira da man de Amarturmar” e desexou que “esta XXXVI Festa do Choco sexa un éxito e continúe a consolidar a Redondela como un dos concellos referentes na gastronomía e consumo de produtos galegos”.

Programa de actividades

O programa de actividades de rúa arrinca por todo o alto o xoves 11 de maio coa orquestra Panorama no Campo da Feira ás 22:00 horas. “Esta ano recupéranse as grandes verbenas, un evento popular que poderá volver a celebrarse tras a volta a normalidade”, explica Rivas.

A inauguración das actividades gastronómicas comeza o día seguinte, venres 12 de maio,  coa apertura da carpa de degustación ás 19:30h en horario continuo ata o peche. Ese mesmo día tamén haberá un concerto da orquestra de saxos na Alameda de Castelao ás 20:00 h e unha actuación do Combo Dominicano no Campo da Feira ás 23:00h. O segundo venres do mes de maio tamén é o día en que arrincan as rutas en barco, cunha visita pola illa e enseada de San Simón e San Antón con saída ás 16:00 e ás 17:00 h dende o porto de cesantes a un prezo reducido de 5€ por persoa.

Durante o mes de maio celébrase a xa popular actividade Redondela Mariñeira coa Ruta do Choco da man de Amarturmar. Unha actividade que consta de tres rutas novidosas pola Ría: Ruta do Marisqueo a Pé, Ruta do Choco e Ruta do Porto. Estas compleméntanse coas rutas en barco e visitas guiadas a Illa de San Simón e San Antón e a enseada, en distintos horarios. Para as persoas interesadas a reserva previa pode facerse na Oficina de Turismo de Redondela (Rúa Isidoro Queimaliños, 2, 36800 Redondela, Pontevedra) ou no número 986 40 17 13.

O sábado 13 de maio continúa a Carpa de Degustación no Campo da Feira a partir das 10:30h  en horario continuo ata o peche. Es día súmase unha actuación de Airiños de San na carpa do campo da feira ás 12:30 h. O sábado será o día que comecen os showcooking. O primeiro showcooking está liderado por David Couñago do restaurante Malasangue, tamén no Campo da Feira a partir da 13:15h.

O pregón do día 14 de maio estará a cargo de Eduardo R. Cunha “Tatán”, Andrés Xiráldez e Luis borines, de Tanxarina, na carpa do Campo da Feira ás 12:30 h.

Arbo celebra xa a Festa da Lamprea

0

O director Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros inauguraba a XXVII Arbomostra, a Feira Agroindostrial e Artesanal da Bisbarra do Condado Paradanta.

Un total de 10 adegas están presentes este ano na Arbomostra. Os viños de Arbo, nas súas distintas variedades, son o acompañamento ideal para toda clase de pratos. Por iso supoñen un magnifico complemento para degustar a lamprea que se servira na carpa hxeo sábado e o domingo da Festa.

Hoxe poderá contarse coa actuación na Carpa da Banda do Sequío, Tonichi e Pacheco e Soul & Roll.

Pregoeiro

Este ano Arbo conta coa honra de ter ao exxogador de baloncesto Fernando Romay como pregoeiro das festas.

Fernando Romay foi medalla de prata coa selección española nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, participou tamén nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980 e en tres Mundobasket e catro Eurobasket.

En España xogou no Real Madrid desde 1976 ata 1993. Durante este período o equipo obtivo sete títulos de Liga ACB, cinco de Copa do Rey, dous de Copa de Europa, tres de Recopa, un de Copa Korac, dúas da Copa Intercontinental e un Campionato Mundial de Clubs.

Aberto o prazo de inscrición na XIII edición Costa Serena

0

Xa está aberto o prazo de inscrición da XIII edición da Travesía a nado Costa Serena-Gran Premio Concello de Nigrán, que se celebrará o 2 de xullo en Praia América. A organización espera reunir a un total de 500 nadadores nacionais e estranxeiros, nenos e adultos, nos cinco percorridos que se disputarán.

As inscricións na travesía poderán realizarse ata o vindeiro 27 de xuño ás 12:00, a través da páxina web de Champion Chip Norte, e o regulamento da proba está dispoñible na páxina web www.travesiaanadocostaserena.es. A inscrición inclúe: participación na travesía, camiseta conmemorativa, gorro, balizado, cronometraxe electrónica por chip, avituallamiento, seguro, asistencia médica, premios, fotografía, xeado, aperitivo no Club Marítimo de Panxón e participación no sorteo de material deportivo.

Percorridos

Durante a travesía disputaranse tres percorridos de 4.000, 2.700 e 800 metros e o neopreno será optativo nas tres distancias. O percorrido longo consistirá nun triángulo de 4 quilómetros con saída desde a canle principal de saída e entrada das embarcacións de Praia América e chegada á altura do posto de Protección Civil de Panxón. Os nadadores deberán bordear a baliza de Cabezo de San Juan, situada a 1,5 quilómetros de distancia, regresar cara á costa polo lado sur da praia e percorrer o último quilómetro en paralelo ao areal.

O percorrido de 2.700 metros terá o mesmo punto de saída que a proba de 4.000 metros. Consistirá en ir ata o faro de Cabezo de San Juan, bordealo e regresar ao momento de meta polo lado dereito. Na proba de 800 metros, que se disputará en paralelo á costa, a saída estará situada tamén na canle principal de Praia América e a chegada será no mesmo punto que as probas de 4.000 e 2.700 metros. A competición de 4.000 metros comezará ás 11:30 horas, a de 2.700 metros ás 11:50 horas, mentres que a de 800 metros arrincará ás 12:00 horas. No mar, colocaranse boias de sinalización do percorrido para facilitar a orientación dos nadadores, e haberá embarcacións de Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Procura e Salvamento de Galicia, Garda Civil do Mar, kaiaks do Club Marítimo de Panxón, pádel surf de Shafire e motos acuáticas seguindo a proba. Ademais, celebraranse dous percorridos de curta distancia de carácter non competitivo para nenos de entre 5 e 13 anos, moi preto da beira. Haberá unha distancia de 50 metros (5 e 8 anos) e outra de 150 metros (9 a 13 anos). Estas probas comezarán ás 13:00 horas (50 metros) e 13:20 horas (150 metros), respectivamente.

Premios

Nos tres percorridos entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados absolutos da categoría masculina e feminina, e nas distancias de 4.000 e 2.700 metros tamén aos tres primeiros/as que naden sen neopreno. Na proba reina tamén se repartirán medallas aos tres primeiros clasificados/as das 12 categorías por idades. Ademais entregaranse premios especiais ao primeiro nigranés e nigranesa, que deberán estar censados no Concello de Nigrán no momento da inscrición, ao máis novo e de máis idade de todas as probas. Os nenos que participarán nos percorridos de 50 e 150 metros recibirán unha medalla
A zona de concentración dos nadadores será o domingo 2 de xullo nas instalacións deportivas de Dunas de Gaifar en Panxón, a partir das 09:00 horas, onde se entregarán as bolsas aos participantes. Tamén haberá repartición de dorsais o día anterior no mesmo punto en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A travesía a nado Costa Serena, organizada polo Concello de Nigrán, o Club deportivo Tumetapersonal e Atlantic Extreme Sports, conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra, Centro Comercial Nasas Nigrán, Rodosa, Froiz, Centro Comercial da Ramallosa, Gadis, Atunlo e Ángel Leirós Motos. Tamén colaboran Powerade, Frutas Sol, Arena, Club Marítimo de Panxón, Saphire, Prado Surf, Valmiñor Ébano, McDonald’s Rías Baixas, Protección Civil do Val Miñor e Vigo, Asociación Vodea, Clubnatacion.com, Waira, Kailúa, Restaurante JR, Talaso Atlántico, Rosquillas Cristaleiro e Tupana.

Chega a Ponteareas ‘Xeración D’, a campaña itinerante para impulsar as competencias dixitais

Ponteareas acolle a vindeira semana a visita dunha unidade móbil de ‘Xeración D’, unha campaña itinerante que busca impulsar o desenvolvemento das competencias dixitais a través de xogos e actividades que permitirán ás persoas participantes afondar nas súas habilitades dixitais, sacarlles partido e coñecer novas ferramentas que axudan a melloralas.

O autobús estará situado na rúa Concha Brey os vindeiros 3 e 4 de maio de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.30 horas e o venres 5 de 10.30 a 14.00 horas. Obradoiros, xogos e actividades están pensados especialmente para persoas desempregadas, mulleres maiores de 45 anos, persoas maiores… “procurando así rachar coa fenda dixital e ofrecendo multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicábel a todos os ámbitos da vida cotiá”, como sinala o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

A actividade será de balde e terá unha duración de entre 30 e 40 minutos. A unidade móbil está equipada con tecnoloxía inmersiva que convida a participar nunha serie de actividades prácticas para fomentar e incentivar o desenvolvemento das competencias dixitais. Unha experiencia que se axustará ás necesidades de cada persoa usuaria tras facer un test de autodiagnose para coñecer o nivel de competencias dixitais.

As persoas participantes enfrontaranse a xogos e actividades de todos os niveis, dende aprender a realizar unha busca óptima en internet ata a fuxir das fake news, optimizar o uso das redes sociais ou xestionar a identidade dixital. As e os asistentes poderán participar nun scaperoom na que terán que poñer en práctica o aprendido para resolver o xogo e saír da sala.

Para participar os colectivos interesados só deberán confirmar a súa asistencia e escoller o horario que mellor se adapte ás súas necesidades a través da web da campaña, con un máximo de 15 persoas por grupo.

O Porriño fai un chamamento á adopción responsable de animais

O Centro Cultural Municipal acolle, ata o vindeiro 8 de maio, a exposición da muralista  e ilustradora Eva Casais, organizada polo Concello do Porriño en colaboración coa asociación protectora de animais Os Biosbardos.

A mostra está composta por 13 láminas realizadas a man en acuarela por Eva, que retratou a animais que se atopan en adopción na protectora e que ilustraron o calendario deste ano dos Biosbardos. Tamén se atopa a imaxe que puxo unha nota de cor nas instalacións da protectora de Ponteareas.

Ao mesmo tempo, as cariñas dos pequenos amigos de catro patas que buscan familia anegarán toda a vila, coas súas fotos e un código QR onde atoparás toda a información sobre como adoptalos se queres que formen parte da túa familia.

Con esta campaña, o Concello do Porriño e os Biosbardos queren concienciar sobre as adopcións responsables e a importancia de dar unha vida feliz e rodeada de amor a estes animaliños.

Dende o Concello do Porriño queremos agradecer aos Biosbardos a súa implicación e  a Eva  Casais por poñer o seu talento á disposición dos que máis o necesitan. Extender o noso agradecemento aos comerciantes e hostaleiros que se suman expoñendo as imaxes e convidar aos que queiran sumarse a ser tamén partícipes.

O Cross de Pedornes volve o 13 de maio como carreira infantil

0

O Cross de Pedornes volve tras un parón de 27 anos sen celebrarse, cunha nova edición dirixida especificamente aos máis pequenos e pequenas do Baixo Miño e Val Miñor. Esta carreira pedestre infantil celebrarase o próximo 13 de maio con un total de 6 categorías para nenos nados entre o 2010 e o 2022.

O Cross de Pedornes foi unha tradicional carreira creada grazas á dedicación e o traballo desinteresado de José Javier Pereira Feijoo, Chicho, e que se celebrou nesta parroquia durante algo máis dunha década e congregando a varios centos de participantes nas súas edicións. A primeira foi en 1985 e, tras 11 convocatorias, celebrouse por última vez en 1996. Agora a competición volve e desenvolverá a súa XII edición baixo a denominación Cross Escolar de Pedornes e coa organización do Concello de Oia, o club Cornelios e a Comisión de Festas de Pedornes.

A participación é gratuíta, sendo necesaria unha autorización asinada polo pai/nai/titor do menor. As prazas son limitadas e a inscrición pode facerse a través da ligazón https://acortar.link/kHlluG. O prazo remata o 9 de maio. Para máis información pódese chamar ao Concello ao teléfono 986362125.

O día 13 de maio as carreiras sairán do Eirado de Pedornes ás 17.00 horas, se ben os dorsais poderán recollerse a partir das 15.30 horas. Haberá un total de 6 categorías, con distancias que van desde os 100 metros para os “minipulgas” (nenos nados nos anos 2020, 2021 e 2022) ata os 1.750 metros para os participantes inscritos na categoría “infantil” (nados nos anos 2010 e 2011). Haberá un pequeno agasallo para todos aqueles que participen e os vencedores serán premiados cun trofeo.

Mos promove un estilo de vida saudable entre a xuventude

0

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira mosense de Educación, Julia Loureiro, e o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias Figueroa, visitaron ao alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, que participaba na actividade Xogando con Futgal.

Esta iniciativa desenvólvese nos CEIPs de Mos co alumnado de Educación Primaria e o xoves tocoulle ao Colexio Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda.

A actividade Xogando con Futgal, ten o obxectivo de promover un estilo de vida saudable, así como a práctica do fútbol sala nos colexios.

O eslogan da campaña é “Sempre hai un motivo. Cal é o teu?”.

Durante a actividade habilítanse 2 ou 3 zonas adaptadas ao número e idade dos alumnos: unha zona hinchable pista (de 18 x 9 metros aproximadamente), unha zona hinchable portería (de 6 x 2 metros aproximadamente) e unha zona de actividade de habilidades. Una vez finalizada a actividade fáiselles entrega dunha camiseta aos participantes e ao colexio dun agasallo de 3 balóns.

Unha unidade móbil de doazón de sangue visita o Rosal o vindeiro 4 de maio

0

O Rosal prepárase para recibir un mes máis a visita dunha das unidades móbiles da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS). O vindeiro xoves 4 de maio un autobús da entidade estará na rúa Ramón Franco, nº 4, fronte a Abanca, coas súas portas abertas de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas para todas aquelas persoas que queiran achegar a súa pinga de solidariedade.

Aínda que o persoal da unidade móbil fai unha revisión a todas as persoas que queren doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, o persoal recomenda non acudir se nos últimos 15 días se se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Lémbrase que poderán doar todas as persoas con máis de 18 anos e 50 kg de peso e que debe irse despois de almorzar se se acode pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se se acode pola tarde. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao persoal médico en caso de estar tomando algún medicamento. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos mantén abertos cada día locais de doazón nas sete grandes cidades de Galicia e despraza dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas, analizadas e preparadas para garantir o subministro de compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días ao ano.

O Rock in Río Tea presenta un cartel explosivo

O Rock in Río Tea volve á Feira Vella cunha morea de propostas de balde coas que facer bailar e desfrutar da música ao público. O festival conta co financiamento do Concello de Ponteareas, que incrementa este ano o seu apoio e a súa aposta pola música e a cultura. O Rock in Río Tea celebrará o 30 de xuño e 1 de xullo a súa undécima edición “con música de alto nivel, un elenco de grupos e artistas incríbel que sabemos que fará vivir ao público unha experiencia inesquecíbel”, como sinala o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó.

O festival arrancará o venres 30 de xuño con tres actuacións de luxo. Aphonnic fará as delicias do público máis entusiasta, que se deixará a gorxa para acompañar a un grupo que con cada un dos seus seis discos foi dando pasos de xigante ata conseguir crear un estilo propio e recoñecíbel que bebe do metal alternativo ou do metalcore. Con 20 anos de traballo ás súas costas e triunfando a nivel nacional, os vigueses subirán ao escenario cargados de himnos musicais.

Tamén estará na cita a banda con máis táboas do panorama ponteareán, Errantes, que ofrecerá un espectáculo mítico que fará ao público bailar e cantar baixo unha infinidade de estilos. Non podía faltar sobre o escenario o alumnado do CDM (Rock School), que serán os encargados de abrir esta nova edición do festival. 

O sábado 1 de xullo será a quenda dun dos grupos máis esperados do cartel, León Benavente, unha das bandas de referencia do rock nacional. Dende a publicación do seu primeiro disco en 2013, a banda leva unha década enchendo salas, recintos e festivais e sacando algunhas das cancións máis emblemáticas da música en castelán dos últimos anos.

Tamén estará presente no Rock in Río Tea Aiko el grupo, que farán vibrar ao público cun repertorio que vai dende o pop máis duro ata o punk máis distorsionado, unha verdadeira forza da natureza sobre o escenario.  As e os ponteareáns poderán gozar ademais de Venturi, unha banda de sonido british, con bases poderosas e melodías redondas que fan evolucionar as súas cancións a hits para facer saltar ao público dende o primeiro minuto ata o último.

Esa mesma xornada o festival contará tamén coa presenza de Fillas de Cassandra, o dúo formado por María Soa e Sara Faro que presentará en Ponteareas o disco galego do ano, o seu primeiro traballo ‘Acrópole’. Nel a través de melodías tradicionais, pop e electrónica confeccionan unha viaxe ata os mitos femininos gregos para establecer paralelismos e cuestionar unpresente que non semella tan distante daqueles tempos. E, por suposto, non poden faltar entre os grupos participantes neste amplo programa de concertos Visions of Johanna, os gañadores do Concurso de bandas co seu folk rock exquisito.

O Rock in Río Tea converterase ademais no lugar perfecto para descubrir novos talentos. O sábado os público poderá coñecer a María Gabeiras, Sara Casas e Caro, tres artistas emerxentes que participarán por primeira vez no festival baixo o paraugas de ‘Descúbreas’, un programa da Deputación de Pontevedra que busca visibilizar o traballo de artistas femininas prometedoras.