11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareas«O ratiño presumido» adíase, en Ponteareas, ao sábado día 16 de marzo

    «O ratiño presumido» adíase, en Ponteareas, ao sábado día 16 de marzo

    O espectáculo «O ratiño presumido», de Trinketrinke Teatro, programado en Ponteareas para o día 8 de marzo dentro do programa Apego, aprázase para o sábado, día 16 de marzo, ás 12:00 horas na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo.

    Trinketrinke porá en escena a obra “O ratiño presumido”, onde a gra Lilí Gruyére vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do Musical «A Ratiña Presumida», mais dedide facer a súa propia versión: «O Ratiño Presumido», que será representado polos pais e nais asistentes (ou polos nenos e nenas).

    A actividade está recomendada para nenas e nenos de 3 a 7 anos e para poder poder asistir cómpre facer a preiscrición previa no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas. Esta actividade é de balde e forma parte dun conxunto de iniciativas realizadas de xeito mensual que fomentan a vinculación das familias co galego, dentro do proxecto Apego.

    Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

    Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.