Domingo, 4 Maio de 2025

Contacontos de Paula Carballeira no «Novembro Lila» de Baiona

O vindeiro venres 8 de novembro ás 18:00 horas terá lugar na biblioteca municipal de Baiona, un contacontos de igualdade dirixido a  público familiar e  recomendable a partir de catro anos. A actividade correrá a cargo de Paula Carballeira, e desenvolverase baixo o título ‘Elas tres’.

A actividade é gratuíta e  enmarcase no programa «Novembro Lila» deseñado pola Concellería de Igualdade do concello baionés que coordina Yasmina Costas Moreira e que inclúe, entre outras actividades, contacontos os venres ao longo de todo o mes de novembro na biblioteca , co obxectivo de promover valores igualitarios e previr a violencia de xénero.