Domingo, 4 Maio de 2025

Instalada a pasarela da senda que une Oleiros con Leirado

Deste xeito, a Xunta de Galicia da un paso máis na realización da senda peonil

Xa está rematada a instalación dunha pasarela na estrada PO-402 na senda entre Oleiros e Leirado. A senda, unha obra da Xunta de Galicia que unificará as parroquias de Oleiros, Fiolledo, Corzáns e Leirado; ten un itinerario fundamentalmente de uso para os peóns que supón unha mellora de seguridade e accesibilidade.

Actualmente, xa hai tramos rematados e coa pasarela colocada avanzase na obra que dotará aos veciños de mobilidade entre parroquias e conectará co centro urbán de Salvaterra de Miño.