13.4 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Porriño tala, de urxencia, dúas árbores do Parque do Cristo

    O Porriño tala, de urxencia, dúas árbores do Parque do Cristo

    As árbores taladas, afectadas de fungos, supuñan un grave perigo para os veciños e veciñas

    Os concelleiros do equipo de goberno, Sergio Casal e David Alonso supervisaron hoxe a tala de dúas árbores do Parque do Cristo que presentaban un risco moi importante.

    Unha deles estaba a piques de precipitarse contra unha das atraccións que se instalaron coas Festas.

    A outra árbore está preto da capela. Ambas as dúas teñen uns fungos que produciron a podremia das raíces, feito fixo precisa a súa tala por seguridade.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.