Domingo, 4 Maio de 2025

Aberto o prazo de inscrición nos campus deportivos de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición aos seus 20 campus deportivos de verán.

Dende a Concellería ofrecéselle a veciñanza a oportunidade de gozar dun verán de diversión, depoprte e educación a través de 20 campus deportivos nos que se inclúen novas disciplinas tales como o tenis de mesa, rugby, deportes urbanos e futbol americano. Entre as novidades deste ano, tamén figura unha nova forma de incrición para a veciñanza: a incrición online a través da páxina campusdebaiona.es.

Coa chegada das vacacións de verán ábrese un mundo de posiblidades para os mozos. No Concello de Baiona, a formación é unha prioridade, por iso ofrecémelles a oportunidade de gozar dun verán de diversión, deporte e educación a través de 20 campus deportivos.

Caixabank segue apostando polo  deporte municipal en Baiona aportando o pago das inscricións aos participantes con dificultades económicas, tras un informe previo dos Servizos Sociais do Concello de Baiona.

  • Lugar: Instalacións deportivas do Concello de Baiona
  • Xullo: Tenis, Rugby, Loita olímpica, Deportes Náuticos 1, Tenis de mesa, Danza, Fútbol sala, Deportes urbanos, Fútbol, Volei Praia
  • Agosto: Atlétismo, Multideporte, Ximnasia Rítmica, Baloncesto, Fútbol Americano, Ciclismo, Padel, Patinaxe, Deportes Náuticos 2, Bádminton.
  • Horario: De 10:00 a 14 horas (Deportes Náuticos tamén ten quenda de tarde)
  • Recepción dos participantes dende as 9:00 h no lugar de encontro para facilitar a conciliación.
  • Requisitos de inscricións: Cada inscripción é por unha única persoa e se cumplimentarán todos los datos requeridos.
  • Pódese facer pago con tarxeta ou ben mediante ingreso bancario, achegandose o xustificante.
  • Ofertas do campus: 5 campus a escoller por 200 euros ou 10 campus a escoller por 300 euros (non inclúe deportes urbanos nin deportes náuticos).

Cancelacións ou devolucións

En caso de anulación da inscrición, deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días e o importe a devolver será do 50 %.

Información: Pavillón Municipal de Deportes / [email protected] / 986356558