Venres, 9 Maio de 2025

Formación en Covelo sobre coidados de pacientes inmobilizados

O equipo de soporte de atención domiciliaria (ESAD), dependente do Servizo Galego de Saúde, ofrecerá en Covelo unha formación sobre os coidados dos pacientes inmobilizados este martes día 30 maio.

A charla será no auditorio municipal ás 16:30 horas e todas aquelas persoas que desexen asistir poderán facelo de balde e sen inscrición previa. A sesión será impartida pola enfermeira María Morandeira Novo, quen forma parte do ESAD.