Domingo, 4 Maio de 2025

A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña polo Día do Pai

A clientela elixe o premio que quere gañar entre as opciónsA

A Asociación de Empresarios de Redondela (AER) pon en marcha unha campaña de dinamización do comercio local con motivo do Día do Pai.

Para participar, a clientela deberá rexistrar todas as compras realizadas entre o 9 e o 19 de marzo en calquera dos establecementos asociados á Asociación de Empresarios (comercios, restaurantes, ópticas, dentistas, perruquerías ou calquera outro tipo de establecemento.

Estas compras poderán rexistrarte ata o vindeiro 21 de marzo na web da asociación ou escaneando o código QR da cartelería da campaña.

Este sorteo ten como particularidade que o cliente elixe o premio que quere gañar. As tres experiencia para elixir son:

  • Voo en avioneta pola ría de Vigo

Saída do Aeroporto de Vigo, paso por Cangas, Islas Cíes e Baiona, e o mesmo percorrido de volta. O voo é para un máximo de 3 persoas.

  • Visita ao Museo Mega Estrella Galicia con estancia

Visita a Mega Museo Estrella Galicia cunha noite en hotel Ibis Style Coruña en réxime de aloxamento e almorzo. A visita ao museo ofrece unha copa Estrella Galicia de recordo e unha experiencia de degustación. Para 3 persoas.

  • Experiencia en circuito de karts

A experiencia repartirase en 4 tandas de 16 minutos. Dúas das tandas serán para adultos e as outras dúas para nenos.