Martes, 6 Maio de 2025

Novo aparcamento na Cañiza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, anunciou a aprobación do proxecto de expropiación e recuperación paisaxística dun novo estacionamento no lugar denominado «Chan de Lourido», unha zona arbolada de máis de 9.000 m2 situada no lugar do Regueiro na subida que conduce hacia a Casa de Cultura.

Este Plan Especial contempla a delimitación das parcelas privadas e regulación dos novos usos previstos de estacionamento, ademáis dun plan de expropiacións e un proxecto básico e de execución de arquitectura.

Este proxecto arquitectónico e paisaxístico propón que o novo párking sexa unha continuidade do espazo público e non unha imposición. Por iso terase especial cuidado na conexión cos viais existentes e os novos accesos evitando o deseño de viais asfaltados.

Un novo concepto de aparcamento

O proxecto do novo parking entende que os aparcamentos non son unha explanada asfaltada para vehículos, senón unha oportunidade para xerar un novo espazo público e verde, froito dunha recuperación paisaxística.

Unha parte desta nova zona está en pendente polo que será tratada cunha solución de bancadas construidas con muro de perpiaño de granito da zona. Ademáis esta actuación xogará co arbolado existente que se tomará como referencia para organizar o espazo deste estacionamento. Así tamén se poderá garantir a creación de islas de calor. 

Segundo manifestou o alcalde, Luis Piña, “esta actuación dará resposta ás necesidades da veciñanza e dos visitantes de dotar ao núcleo urbano dun espazo máis amplo para aparcamento, co obxectivo de mellorar o benestar dos veciños e ofrecer uns servizos obrigatorios de calidade, sen comprometer outras actuacións de desenvolvemento urbanístico como será a urbanización e humanización da Rúa do Regueiro. Zona que na actualidade acolle gran cantidade de vehículos”.