O pasado sábado, día 3 de decembro, acendeuse o alumeado de Nadal das Neves e ese foi o ‘pistoletazo’ de comezo dunha programación que, con distintas actividades, durará máis dun mes, ata o 7 de xaneiro de 2023.
Neses días haberá tempo para a música, deporte,obradoiros, lecer, coidado do medioambiente e, por suposto, citas imprescindibles, como a Cabalgata de Reis ou o Concerto de Aninovo.
PROGRAMA DO NADAL 2022-2023 NAS NEVES
O luns, día 5 comezou a recollida de material de refugallo para darlle unha segunda vida en obradoiros de Nadal sostible. Hai puntos de recollida en todos os centros de ensino, na casa do Concello e nas dependencias de Servizos Sociais.
17 e 18 de decembro
“Mercadiño da man que ti queiras” na Casa da Xuventude (Asociación As Marondas)
- Sábado, 17 decembro: 10:30 h a 00:00 h
- Domingo, 18 decembro: 11:30 h a 22:00 h
23 de decembro
Concerto de Nadal da Banda de música Popular de Rubiós. Auditorio Municipal. 21:30 h.
24 de decembro
VIII Carreira do Pavo (ACD Sanomedio) o Praza Maior. Inscrición previa.
- Saída ás 16:15 h
- Recollida de dorsais de 15:00 a 16:00 h
26 de decembro
Ás 17:00 horas: Visita do Apalpador. Praza maior (Deputación Pontevedra).
27 de decembro
Ás 16:00 horas: Obradoiro de Nadal sostible xuvenil, na Casa da Xuventude. Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves
28 de decembro
Ás 16:00 horas: Obradoiro de Nadal sostible para persoal adultas. Sala de Servizos Sociais. Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves
2 de xaneiro
Ás 16:00 h: Creación de carroza comunitaria. Mercado Municipal. Inscrición en: bit.ly/NadalAsNeves
5 de xaneiro
Cabalgata de Reis.
- Saída ás 17:00 h dende a rotonda Montesol. Percorrido polo centro urbano e remate na Praza Maior. *En caso de choiva, no Pavillón Municipal
- Encontro cos Reis Magos e entrega de agasallos para crianzas de 0 a 11 anos
7 de xaneiro
Concerto de aninovo de corais.
- 19:00 h. Auditorio Municipal
- Coral Polifónica Santa María das Neves
- Orfeón de Trives
- Coral Polifónica de Arbo