Luns, 5 Maio de 2025

Salvaterra da por rematadas as obras de mellora das beirarrúas do polígono industrial Chan da Ponte

O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar as obras de mellora das beirarrúas que se encontran no Polígono Industrial Chan da Ponte, co fin de mellorar a seguridade e accesibilidade tantos dos traballadores e traballadoras como dos veciños da zona.

[su_image_carousel source=”media: 63881,63882,63883,63884,63886,63887,63888,63889,63890,63891,63892″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Esta actuación enmárcase no programa de mellora do polígono industrial, na que o ano 2020 se investiron máis de 120.000 € na mellora do firme. Esta actuación está financiada a través das axudas da Xunta encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia e dos fondos propios do Concello, con un importe total de máis de 106.000 €.

Estas beirarrúas encontrábanse nun nivel alto de deterioro que facía necesaria unha renovación das mesmas. As actuación realizadas foron a limpeza, e reforma de grandes espazos e o posterior pintado das mesmas. Ademais de realizar a construción dunha nova beirarrúa na entrada do polígono, co fin de mellorar o itinerario peonil actual, dende o acceso existente para viandantes na estrada autonómica PO-403.