O Concello de Baiona condena os actos vandálicos ocorridos durante a fin de semana no municipio contra o patrimonio vexetal e moble.
O Concello lembra que Baiona “é de todos e todas e pide que se coiden e respecten os espazos públicos e privados. Este tipo de incidentes, ademais de provocar estragos e sucidade nas infraestruturas, co seu consecuente custo económico, tamén provocan prexuízos aos baioneses e baionesas e aos que elixen a nosa vila para gozar do verán, xa que afectan directamente ás vías públicas que todos e todas disfrutamos”, destacou o alcalde, Carlos Gómez Prado.
O concelleiro considera que este tipo de actos vandálicos non teñen cabida nunha localidade como Baiona.
Os operarios municipais do Concello de Baiona procederon á primeira hora da mañá do domingo a realizar os labores de limpeza pertinentes para arranxar as rúas do municipio que sufriron os danos.
[su_image_carousel source=”media: 59738,59735,59736″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]