Máis de 200 persoas participan nos obradoiros ‘As nosas Rosas nas Parroquias’, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).
Onte comezaron os obradoiros na AVV Santa Baia de Mos cun curso de elaboración de xabóns de rosas. E esta tarde impártese o meso obradoiro na Asociación San Martín de Tameiga en Costoias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses Sara Cebreiro e Julia Loureiro achegáronse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.
Desde o 18 de maio ao 10 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

Coas fotografías desas rosas énchense as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:
Obradoiro de Elaboración de Xabóns de Rosas
- 18 de maio AVV Santa Baia
- 19 de maio San Martín de Tameiga
- 24 de maio AVV Chan do Bosque
- 1 de xuño CSCD As Pedriñas
- 4 de xuño CCS Herville
Obradoiro de Secado de Rosas
- 23 de maio A Cividade de Louredo
- 30 de maio CC Abrente
- 31 de maio AVV Santa Ana de Veigadaña
- 7 de xuño CRC Torroso
- 10 de xuño ARC Guizán
Obradorio de Estampación de Rosas en Tea
- 27 de maio AVC Ledicia de Sanguiñeda
- 28 de maio AVV Celado
- 1 de xuño AVV Nosa Terra de Pereiras
- 3 de xuño AVV Dornelas
Se hai algunha persoa interesada en participar nalgún dos cursos aínda pode incribirse directamente nas asociacións. Para solicitar máis información sobre a iniciativa pódese chamar ao teléfono 986 33 94 04.