Decembro aparecía no calendario da natación con dous eventos subliñados en cor vermello.
Dunha banda, a Copa de España de natación de 2ª división, con 14 equipos da xeografía española, que este ano se disputaba- os días 22 e 23- no Complexo deportivo “Rías do Sur” de Pontevedra. A esta cita chegaba o equipo feminino formado por 9 nadadoras coa ilusión de finalizar entre os 8 primeiros equipos e acadar así o ascenso de categoría.
Logo de algunhas descalificacións en probas individuais e remudas, este obxectivo non se puido acadar e as fémias remataban as dúas xornadas de competición en 13ª lugar, posición que non reflicte o verdadeiro potencial deportivo do equipo e que deixa as portas abertas a intentalo de novo na vindeira edición.
Só uns días despois -28, 29 e 30- estaba programado o Campionato Galego Absoluto, cita que poñía o broche final ás competicións de 2021. Un punto e seguido á tempada.
Na piscina do CN Fluvial, Lugo, participaron os equipos femininos nas 3 primeiras sesións e os masculinos nas 3 últimas, seguindo así o protocolo sanitario da competición na procura de diminuir o número de deportistas dentro da piscina.
O equipo feminino do CN Ponteareas proclamouse Campión absoluto, deixando unha marxe de puntos na clasificación conxunta que o equipo masculino mantivo ata o último día pero que ao remate non puido conservar.
Balance final para o club do condado: Campioas galegas absolutas e Subcampións galegos a nivel conxunto, tras o campión galego, O CN Galaico.
[su_image_carousel source=”media: 51393,51394,51392,51390″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]