O encoiro de Castrelo de Miño, en Ourense, acollía o sábado 18 de setembro a quinta edición do campionato galego de augas abertas, que ademáis constituía a derradeira proba do circuito galego express.
Dende as 10 horas da mañá, as diferentes categorías, de xeito escalonado, foron tomando as saídas.

Entre os resultados máis salientables para o club do condado hai que destacar a
Iria Lemos, campioa galega infantil; Pablo Cabana, campión galego Júnior-1; Andrea Domínguez, campioa galega Júnior-2, todos eles completando un circuito de 5000 metros, e Naroa Estévez, bronce alevín, tras cubrir o seu percorrido de 1250 metros.
Na categoría Máster os nadadores e nadadoras do CNPonteareas acadaron tamén numerosos podios nas diferentes franxas de idade, logo de nadar 2500 metros.
Por último, nas clasificacións por equipos, a nivel absoluto acadaron o 1er posto feminino e conxunto mentres que na categoría Máster acadaron a primeira posición masculina, feminina e conxunta.
Con estes magníficos resultados para o club do condado, péchase a tempada de augas abertas. Os equipos continúan cos adestramentos de pretempada coa mirada posta no comezo da competición 2021-2022 en piscina, esperando que non se produzan sobresaltos por mor da Covid-19.
[su_image_carousel source=”media: 45025,45024″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]