Domingo, 4 Maio de 2025

O Arealonga FS Chapela abre a inscrición para a tempada 2021/2022

Cunha nova tempada ás portas, o Arealonga FS Chapela abre as súas inscricións para que tódolos nenos e nenas que queiran practicar este deporte poidan facelo nas distintas categorías. Para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal ‘Manuel González Soto’ de Chapela os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas.

O Arealonga FS contará, nesta tempada, con case que todas as categorías posibles, así as inscricións poderán facerse en biberón (2016/2017), prebenxamín (2014/2015), benxamín (2012/2013), alevín (2010/2011), infantil (2008/2009), cadete (2006/2007), xuvenil (2003/2004/2005) e sénior.

Se houbera que buscar cualificativos ao Arealonga FS estes serían “traballo, humildade e compañeirismo”, son estes adxectivos, asegura o club de Chapela “os que fan posible que funcione como unha gran familia, sendo esta a base do seu éxito”. Compre salientar que, unha vez máis o Arealonga FS fai unha clara aposta polo fútbol sala feminino, “pois grazas a elas se fixo posible algo tan fermoso fai 17 anos”.

Este ano, debido á situación sanitaria que marcou as dúas últimas tempadas, o club oferta dúas promocións para agosto: por un lado, os nenos e nenas correspondentes á categoría biberón que se inscriban durante o mes de agosto desfrutarán de todo o ano gratis; por outra banda, o resto das categorías que se inscriban no mesmo mes, contarán co pack de adestramento gratuíto.

Para máis información interesdadas e interesados poden facelo a través do teléfono e whatsapp: 662 111 339.