Os meses de xuño e xullo están sinalados no calendario na natación polas numerosas citas autonómicas e nacionais que están a disputarse nestas datas. A primeira delas, o Campionato Galego Alevín de Verán, disputouse esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra.

A victoria por equipos, na clasificación conxunta foi para o club anfitrión, o CN Galaico, mentres o CNPonteareas –cun equipo integrado por 5 nadadores e 5 nadadoras– alzouse coa 5ª posición, destacando o título de campión galego de Yoel Faro Martínez en 200 e 400 Estilos e nos 100 e 200 Braza e os de campioas galegas de Maria Quintas en 200 bolboreta e María Seijo nos 400 Estilos.
