Sábado, 3 Maio de 2025

O Concello de Redondela non autorizará as fogueiras de San Xoán para non comprometer o nivel de restricións

Vistas as directrices da FEGAMP chegadas ao Concello de Redondela, o Concello de Redondela non autorizará as fogueiras de San Xoán na vindeira noite do 23 ao 24 de xuño, para non favorecer situacións de risco que comprometan o nivel de restricións en Redondela.

Avaliando os riscos derivados da eventual celebración das tradicionais fogueiras de San Xoán hai que ter presente que a situación todavía é delicada e que unha adecuada protección da saúde das persoas debe ser o criterio que presida a actuación dos poderes públicos e tamén do Concello.

As fogueiras de San Xoán son por definición un evento para o encontro e a celebración presidida pola espontaneidade e o carácter festivo polo que as concentracións humanas a que cada fogueira da lugar, así como os desprazamentos de poboación derivados delas son en grande medida impredicibles.

Finalmente o Concello debe contribuír cunha adecuada política de prevención a non favorecer situacións de risco que comprometan o éxito da campaña de vacinación ou que poidan elevar o nivel de restricións en Redondela co conseguinte impacto económico que elo tería.