13.4 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoEva García de la Torre reivindica no Círculo de Belas Artes de...

    Eva García de la Torre reivindica no Círculo de Belas Artes de Madrid “unha rúa co nome de Antonio Palacios” na capital

    Eva García de la Torre solicitou que Madrid “honre debidamente ao noso arquitecto Antonio Palacios, que deixou unha obra tan destacada nesta capital, coa concesión do nome dunha rúa sobranceira da cidade”. A alcaldesa do Porriño fixo esta petición o serán de onte no Círculo de Belas Artes de Madrid e ante un auditorio ateigado de público que asístía a presentación do libro de Álvaro Bonet Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios.

    Antes do comezo do acto, a alcaldesa do Porriño conversou coa a vicepresidenta terceira do Goberno, a galega Yolanda Díaz, que non quixo faltar a esta presentación. Ámbalas dúas recibiron un agasallo da directiva do Círculo de Belas Artes.

    A rexedora reivindicou que “dende a nosa chegada ao Concello do Porriño temos traballado de arreo para recuperar a maioría dos cadernos de debuxos de Antonio Palacios que serviron para editar libros como este que estamos a presentar hoxe, Trazar la mirada. Cuaderno de viaje de Antonio Palacios, editado por “Engaiolarte”.

    Na súa intervención, Eva García reivindicou a “enorme transcendencia de Antonio Palacios como urbanista cunha pegada innegable en Vigo e no Porriño e tamén en Madrid onde deixou un legado impresionante do que unha mostra é este edificio do Círculo de Belas Artes onde nos atopamos”.

    Pola súa banda, o autor do libro, Álvaro Bonet, agradeceu a colaboración do Concello do Porriño e da súa alcaldesa que lle permitiu acceder ao fondo documental de Palacios que se ten recuperado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.