O Concello de Arbo continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.
Os primeiros composteiros empezaron a entregarse no día de hoxe, no recinto do Punto limpo, polo concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Bernardo Vázquez Pérez, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil.
O Concello de Arbo, solicitaba novamente a SOGAMA 50 composteiros co obxetivo de estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

O obxetivo é por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar polo compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel.
O alcalde do Concello de Arbo, detaca o gran exito do programa de compostaxe, “No ano 2020 o Concello repartiu un total de 60 composteiros entre a poboación, e dado a demanda que existia, pola alcaldía trasladouse a SOGAMA as peticións, o que dende a entidade galega, entregaran 50 composteiros máis”
As veciñas e veciños que reciben un composteiro do programa municipal quedan comprometidas a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.
A elaboración de compost na casa ten moitas ventaxas, tanto medioambientais como económicas. O compostaxe permite reutilizar os refugallos que de outra maneira acabarían no colector verde convenicional e contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida.
O alcalde explicou que “a pretensión dende o Concello é reducir a xeración de residuos dos nosos fogares, colaborando asi mesmo co medio ambiente porque obtemos un abono natural de excelente calidade para as nosas prantas, legumes, horatalizas…..”.