Luns, 12 Maio de 2025

Medallas de ouro e prata para dous nadadores do Club Natación Mos e bronce por equipos no Galego de Fondo Máster

Roi Rodríguez resultou campión galego, con récord galego máster na categoría de + de 25 anos, Adrián Trillo foi subcampión na mesma categoría e Alberto Trincado alcanzou o 4° posto na categoría de + de 50 anos

O Club Natación Mos, a pesar de acudir con só tres nadadores, alzouse co terceiro posto no Campionato Galego de Fondo Máster XII memorial Gerardo Steudel.

O Campionato Galego de fondo Máster XII memorial Gerardo Steudel disputouse en Carballo este pasado domingo, 25 de abril, con probas de 800 e 1500 metros libre.

Participaron 17 clubes e o Club Natación Mos acudiu con tres nadadores que participaron na proba de 800 metros libre. Foron Roi Rodríguez López, que resultou campión galego, con récord galego máster na categoría de 20 a 29 anos e premio á mellor puntuación Fina, recibindo así o Trofeo Gerardo Steudel. Adrián Trillo Rodríguez, que resultou subcampión na categoría de + de 25 anos. E Alberto Trincado Fernández, que alcanzou un meritorio 4° posto na categoría de + de 50 anos.

No cómputo final por clubes, o Club Natación Mos quedou 3° en categoría masculina a un só punto do subcampión a pesar de acudir con só tres nadadores.