Sábado, 3 Maio de 2025

Arbo adhírese ao convenio da Xunta para conceder axudas á hostalería local

O Concello aportará 1.000 euros por cada establecemento solicitante que incrementarán as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da Xunta de Galicia

O Concello de Arbo vén de adherirse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para incrementar as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da administración autonómica. Este convenio supón que o Concello complementará, con fondos procedentes das arcas municipais, as achegas autonómicas concedidas. Deste xeito concederá outros 1.000 euros máis por cada local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas pola Xunta.

A adhesión a este plan de rescate da Xunta permitirá axilizar e simplificar a tramitación destas subvencións ademais de incrementar a contía da axuda recoñecida, de tal xeito que si o empresario solicita a subvención autonómica e lla conceden, automaticamente se lle outorgará tamén a achega municipal que abonará cos cartos do Concello a propia Xunta.