Tag: plan de rescate
Nigrán destinará fondos propios para o plan de rescate destinado ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo
O goberno de Nigrán aprobará no pleno ordinario de hoxe luns 27 de setembro un cuarto plan de rescate municipal por importe de 50.000 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos.
Nigrán pecha o 10 de xuño o prazo para solicitar axudas ao segundo plan de rescate municipal á hostalería e o taxi
O Concello de Nigrán pecha o 10 de Xuño o prazo para solicitar as axudas do segundo plan de rescate municipal ao sector hostaleiro e do taxi (o plan é compatible co primeiro, os mesmos beneficiarios poden solicitar de novo esta axuda). O goberno local consignou a este fin 120.000 € do Remanente de Tesourería que se suman aos outros 120.000 € do primeiro plan, aos que se engadirán 60.000 € dun terceiro rescate municipal para outros sectores especialmente afectados pola crise sanitaria.
Nigrán abre o prazo de solicitudes para o segundo plan de rescate municipal á hostalaría e o taxi
O Concello de Nigrán, tal e como publica onte o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO número 88) abre desde mañá e ata o 10 de Xuño o prazo para solicitar as axudas do segundo plan de rescate municipal ao sector hostaleiro e do taxi. O goberno local consignou a este fin 120.000 € do Remanente de Tesourería que se suman aos outros 120.000 € do primeiro plan, aos que se engadirán 60.000 € dun terceiro rescate municipal para outros sectores especialmente afectados pola crise sanitaria.
Arbo adhírese ao convenio da Xunta para conceder axudas á hostalería local
O Concello de Arbo vén de adherirse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para incrementar as axudas ao sector da hostalería previstas no Plan de Rescate da administración autonómica. Este convenio supón que o Concello complementará, con fondos procedentes das arcas municipais, as achegas autonómicas concedidas. Deste xeito concederá outros 1.000 euros máis por cada local hostaleiro solicitante das subvencións lanzadas pola Xunta.
O Concello de Salvaterra de Miño participará con fondos propios no segundo Plan de rescate da Xunta de Galicia
O Concello de Salvaterra de Miño, tras a reunión mantida entre a Xunta e os Alcaldes e Alcaldesas de Galicia, acorda a participación no 2º Plan de rescate a hostaleiros e autónomos, co fin de poder axudar dundun xeitoha forma áxil, eficaz e eficiente ao sector da hostalaría e autónomos.
A Xunta activa as axudas do II Plan de Rescate dirixidas a autónomos e microempresas, que poderán solicitarse a partires de mañá
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da liña xenérica de axudas -a dirixida a persoas traballadoras autónomas e microempresas- do 2º Plan de Rescate co que a Xunta quere acompañar aos empresarios nesta nova fase da pandemia.
A Xunta aproba preto de 300 axudas para a hostelaría do Condado e A Paradanta e inxéctalle máis de 500.000 euros ao abeiro do plan de rescate
Ponteareas, 23 de xaneiro de 2021.- A Xunta de Galicia aprobou case 300 axudas para o sector de hostalería das bisbarras do Condado e A Paradanta ao abeiro do seu Plan de Rescate para Autónomos, Microempresas e Hostalería, aprobado a finais do pasado ano para paliar os efectos socioeconómicos das restricións das medidas sanitarias fronte á covid-19 neste sector e outros afectados pola pandemia. Deste xeito, estase a inxectarlle máis de 500.000 € para superar a actual situación.
A Xunta perfila cos representantes da hostalería un segundo Plan de rescate para facer fronte ás novas restriccións sanitarias
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e a conselleira de Emprego e Igualdade, Maria Jesús Lorenzana, mantiveron onte pola tarde un encontro de traballo coa Mesa negociadora da hostalería de Galicia.