13.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosA Axencia de Colocación de Mos pecha o primeiro trimestre do ano...

    A Axencia de Colocación de Mos pecha o primeiro trimestre do ano a pleno rendemento

    Dous Obradoiros de Emprego, un Plan Integrado de Emprego e un Curso AFD de soldadura atópanse actualmente en marcha

    A Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, realizou onte unha visita ao Obradoiro Municipal de Emprego ‘Mocidade no Camiño’, concretamente aos alumnos-traballadores das especialidades de xardinería e deseño gráfico que se atopaban desenvolvendo formación práctica na zona do Miliario de Santiaguiño.

    A Delegada estivo acompañada por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Julia Loureiro, concelleira de Persoal, Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, e persoal directivo e docente dos Obradoiros.

    Deste xeito, a Axencia de Colocación do Concello de Mos, pecha o primeiro trimestre do ano 2021 a pleno rendemento con dous Obradoiros de Emprego, un Plan Integrado de Emprego e un AFD (Acción Formativa para Desempregados) en marcha.

    Entre as iniciativas de formación para a inserción laboral en marcha atópanse 2 Obradoiros de Emprego que están enfocados cara a potenciación do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos con motivo do ano Xacobeo 2021 e levan por título “Mos Peregrino” e “Mocidade no Camiño”.

    “Mos Peregrino” é un obradoiro dual de emprego cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade cun importe de 346.946 €, no que participan 20 persoas desempregadas do municipio ao longo de 9 meses.

    Este proxecto, denominado, “Mos Peregrino” ten como finalidade a posta en valor do patrimonio municipal e etnográfico existente no municipio e, máis concretamente, o trazado do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso polo concello de Mos e a súa zona de influencia.

    A mellora destes entornos favorecerá a dinamización do Camiño de Santiago, sendo un foco importante de posta en valor da promoción turística e acercamento ao peregrino.

    A concelleira, Julia Loureiro Campo, e a rexedora local mosense destacan a prioridade do proxecto en enfocar as obras de acondicionamento e revalorización, ao desenvolvemento de ocupacións orixinariamente tradicionáis, pero que as novas técnicas e propostas de materiáis, así como a relevancia que está adquirindo a restauración e rehabilitación do patrimonio, fan destas ocupacións unha fonte de emprego nos próximos anos. Por elo, o alumnado-traballador fórmase en especialidades formativas, tales como: Edificación e Obra civil-Albanelería e colocación de pedra; e Madeira-Traballo de carpintería e moble, Mecanizado de madeira e derivados.

    As actuacións que se desenvolverán unidas á formación certificable que se lles dará ao alumnado desenvolveránse nos espazos públicos ao longo do Camiño de Santiago, incidindo na sinalización, mobiliario urbano, obras de acondicionamento e embellecemento do Camiño.

    Ao remate da actividade do Obradoiro dual de emprego, o Concello de Mos desenvolverá un programa de inserción laboral das persoas participantes no Obradoiro, e través de incentivos á contratación por conta allea durante un mínimo de 3 meses a xornada completa en empresas que o soliciten na convocatoria destas axudas, que terá lugar antes do remate do Obradoiro.

    A selección do alumnado do Obradoiro e do equipo directivo realizaráse nas vindeiras semanas e prevése o inicio do mesmo a fináis do mes de decembro.

    “Mocidade no Camiño” vai dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos conta coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

    Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

    A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.

    O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” dá emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos/as) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 mozos/as).

    Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto son  a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que poñan en valor a zona, e den a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.

    Por outra banda, durante este ano 2021 desenvólvese o VI Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. 2020-21 ata o 8 de novembro de 2021, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, polo que o Concello asumirá o importe non subvencionado.

    Esta é a sexta edición do programa Mos 3.0., iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados anteriores. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando entre un 70% – 80%.

    O Programa do ano 2020 estivo marcado pola actual situación de crise xerada pola COVID-19, e neste ano 2021 a situación desta crise non mellorou, polo que o desenvolvemento deste VI Programa Integrado de Emprego estará marcado por acción adaptadas a esta situación, fomentándose na medida do posible actuacións que permitan que os participantes poidan en todo momento estar atendidos e participar tanto presencialmente como de forma non presencial, nas mellores condicións.

    Os obxectivos do programa son a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.

    Participan no programa, 32 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e  persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación,  e 68 persoas  dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas;  persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI);  mulleres desempregadas;  persoas desempregadas de longa duración.  A porcentaxe de menores de 30 anos (con cualificación e sen cualificación) que se interesaron polo programa foi importante (o 53%).

    Así mesmo, o pasado mes de outubro, comezaron as clases os/as 10 alumnos/as do curso AFD de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG tamén subvencionado pola consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, que agora se atopan realizando as prácticas en empresa.

    Trátase de formación práctica de calidade e con futuro xa que, ao terminar, ós alumnos entregaráselles un diploma acreditativo do  Certificado de Profesionalidade, da familia profesional de Fabricación Mecánica, área profesional da construción metálica: “Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG”.

    A subvención autonómica concedida para a realización deste curso AFD (Acción Formativa para Desempregados) ascende a 76.733,10 euros.

    Trátase dunha acción formativa cunha duración total de 670 horas que está a ser impartida por parte da Axencia de Colocación do Concello de Mos, que continúa a priorizar as políticas de formación, emprego e inserción laboral nestes duros momentos de crise económica derivada da COVID-19. As competencias a adquirir polo alumnado durante a acción formativa son a realización de soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, de acordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS).  As materias que se imparten son prevención de riscos laborais, interpretación de planos, procesos de corte e preparación de bordos, Soldadura Oxigás, Soldadura MAG de chapas e estruturas de aceiro ao carbono e Soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio.

    Tras o curso os/as alumnos/as terán 40 horas de prácticas non laborais  en empresas cuxo obxectivo é que poidan por en práctica os coñecementos adquiridos nun ambiente real de traballo.  Ademais, estes alumnos formaranse para acceder ao mercado laboral como soldadores e serán inscritos na bolsa de emprego “https://mos.portalemp.com/”, dende onde se realizará unha intermediación laboral con empresa do sector para conseguir a súa inserción laboral.

    Por último, tamén se atopa en marcha BecaMos e IC3, iniciativa para persoas interesadas en presentarse aos exames de certificación que se levarán a cabo durante este ano 2021. Ditas persoas poden enviar un correo cos seus datos e solicitude a info@axenciadecolocacionmos.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.