13.9 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaÚltimos días de inscrición para o curso de camareiros/as da Guarda

    Últimos días de inscrición para o curso de camareiros/as da Guarda

    Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda ofrece un novo curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que terá lugar do 9 de febreiro ao 6 de abril, o prazo de inscrición remata este vindeiro mércores, 6 de febreiro. O obxectivo principal é formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

    A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición do material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

    O curso terá unha duración total de 80 horas. das cales, 40 horas estarán destinadas á formación teórica e práctica como a montaxe de mesas e ambientación da sala, identificación e limpeza dos utensilios e menaxe, preparación de alimentos e bebidas seguindo as normas de manipulación e hixiene alimentaria, incluíndo tamén formación en alérxenos e manipulación de alimentos. Polo que ao finalizar, o alumnado tamén recibirá el diploma de manipulador/a de alimentos. Ademais esta formación completarase coas indicacións en alérxenos. Esta formación terá lugar os sábados pola mañá de 9.00 a 14.00h.

    Esta formación completarase con outras 40 horas de formación práctica non laboral en bares e restaurantes da Guarda, axustadas segundo o perfil e necesidades de cada alumno.
    As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse ata o mércores 6 de febreiro na Oficina de Turismo do Concello da Guarda na Praza do Reló, 1. Os/as interesados/as deberán cumprimentar a ficha de inscrición. Poden contactar no teléfono 986 61 45 46 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.

    Debido ao comezo inmediato o xoves 7 de febreiro darase a coñecer o listado de admitidos para xa comezar a formación o sábado 9 de febreiro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.