Malia que ningunha persoa resultou afectada polo incendio, a acumulación de fume e o lume no interior da vivenda provocou a morte dun animal, ademais de afectar diversos rolos de herba seca e causar a rotura dalgúns mobles.
O incidente tivo lugar ao fío das 03:45 horas desta madrugada cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar medios de extinción para unha casa no lugar do Castro, no concello pontevedrés de Tomiño. Durante a súa comunicación coa central de emerxencias, informou que ardía a parte de abaixo do inmoble, onde tiña unha instalación emisora de calor.
Decontado, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos bombeiros do Porriño e dos membros do GES da Guarda.
Unha vez no lugar, os equipos de intervención confirmaron que o lume consumiu parte dunha cuadra de animais localizada na planta baixa da vivenda.
Para aclarar as circunstancias do suceso, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil. Ademais, por precaución, tamén pasouse aviso aos efectivos de Protección Civil de Tomiño.