Domingo, 4 Maio de 2025

A Policía Local informa dos meses nos que se poderá renovar o DNI en Ponteareas

A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informa dos meses nos que o equipo móbil da Policía Nacional renovará os documentos nacionais de identidade en Ponteareas.

Neste ano 2021 poderase renovar o DNI na Casa do Concello nos meses de febreiro, abril, xuño, setembro e novembro.

A Policía Local, a través do sitio web do Concello e das súas redes sociais, informará con quince días de antelación do prazo para solicitar cita previa, non podendo solicitarse a cita antes de que estea aberto o prazo.

No mes de febreiro a renovación do DNI será o día 18 e a entrega o día 24, o prazo de solicitude de cita para estas datas abrirase o día 1 de febreiro ás 08:00 horas.